Ons é un filme dramático galego de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza e escrito polo propio Zarauza e Jaione Camborda. Filmada integramente nas illas Ons, é unha longametraxe galega con participación portuguesa rodada en lingua galega. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020.

A película levouse a cabo a través dunha coprodución entre Galicia e Portugal na que participaron a produtora galega Maruxiña Film Company e a portuguesa Bando à Parte. Tamén tivo participación tanto a Televisión de Galicia (TVG) coma a Rádio e Televisão de Portugal (RTP), xunto cunha subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Pontevedra.

Sinopse Tras unha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente chega xunto á súa esposa Mariña a unha remota illa do Atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio.

A vida na solitaria illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que, tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.

Personaxes Actor/actrizPersonaxeNotasMelania CruzMariñaEsposa de Vicente e irmá de Antón. Chega a illa coa esperanza de recuperar o home do que se namorou pero os acontecementos que os rodean non son os que ela esperaba.Antonio Durán “Morris”VicenteInterpreta o personaxe de Vicente, un doutor da gran cidade que se encontra en depresión debido ao accidente mortal que sufriu a súa amante. Chega á illa co obxectivo de superar a súa enfermidade e recuperar a maxia coa súa muller, Mariña.Xúlio AbonjoAntónÉ un dos gardas forestais. É o marido de Isabel e á súa vez, irmán de Mariña.Marta LadoIsabelNada na Illa e fareira pola tradición familiar. Gústalle vivir illada e pensa que é a única fareira que queda no continente, os demais están automatizados. É muller dun dos gardas forestais, Antón.Anaël SnoekCrebaÉ un personaxe que naufragou na illa. A súa aparición pon en relevo a relación entre Mariña e Vicente, así como aos demais personaxes. Coñécena como “Creba” pero en realidade non sabemos o seu nome, nin sequera quen é.Diego AnidoCoutoPersonaxe que se encarga de traer todas as cousas á illa, incluso no inverno. É moi querido por todos e o seu afogamento supón unha traxedia emocional.Miguel de LiraGolobardosÉ un colono que naceu na illa, o cal despreza aos turistas e as regras que rexen este patrimonio da humanidade. Dende que Ons se convertera nun espazo protexido, tívoo difícil xa que sempre viviu dos congros e a pesca. Ademais, a súa muller, era furtiva e morreu mariscando.Montserrat Martínez PereiraValentinaFilla de Antón e Isabel.

Estrea Difusión Ons estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020, mais a súa estrea nas salas comerciais produciuse un mes máis tarde, a partir do 18 de decembro de 2020. Á súa vez, competiu na sección de nova creación “Special Screen”, onde disputou un premio dotado con 10.000 euros contra catorce longametraxes de países coma o Reino Unido, Francia, Dinamarca ou Bélxica. Outros festivais onde Ons estivo presente foron o Márgenes de Madrid e o festival de Cineuropa.

En canto ás plataformas de streaming, Ons foi o primeiro filme en estar só e integramente en galego e sen dobraxes nas plataformas de Netflix, Filmin e HBO, mais contan con subtítulos ao castelán

Acollida O filme Ons (2020) foi recibido polo crítico Sergio F. Pinilla en Cinemanía con catro estrelas sobre cinco.

Nos Premios Mestre Mateo, Ons alzouse con nove premios dos trece ao que estaba nomeado: mellor película, mellor dirección de fotografía a Alberte Branco, mellor dirección de produción a Tamara Soto, mellor guión a Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, mellor montaxe a Fernando Alfonsín, mellor son a Sérgio Silva e David Manchado,  e mellor interpretación a Melania Cruz, a Antonio Durán “Morris” e a Marta Lado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming 19ª edición dos Premios Mestre Mateo Alfonso Zarauza

Bibliografía

Alfonso Zarauza presenta en Cineuropa Ons, un proyecto «profundamente hermoso». (21 de novembro de 2020). Academia Galega do Audiovisual. https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/es/entrevista-alfonso-zarauza/# Moreno, L. (12 de novembro de 2020). «Ons». Una Historia Extraordinaria en el Festival de Sevilla. Camera & Light. https://www.cameraandlightmag.com/noticias/ons-una-historia-extraordinaria-en-el-festival-de-sevilla/1 Gallego, A. (11 xaneiro de 2021). Caso práctico: el rodaje de «ONS». Cuentos de una script. https://cuentosdeunascript.wordpress.com/2021/01/11/caso-practico-el-rodaje-de-ons/ Mauleón, A. (9 febreiro de 2016). David Machado, el mago del sonido de ficción.La Opinión de A Coruña. https://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2016/02/09/david-machado-mago-sonido-ficcion-24540121.html Novo Cinema Galego. (2015). Novo Cinema Galego | O arquivo das novas prácticas cinematográficas na Galiza. http://novocinemagalego.info/ R. (11 de xaneiro de 2021). LA PELÍCULA “ONS”, DE ALFONSO ZARAUZA, AUMENTA SU RECAUDACIÓN UN 96 % EN SU CUARTO FIN DE SEMANA EN CINES | El Blog de Cine Español. El Blog de Cine Español. http://www.elblogdecineespanol.com/?p=57908 Redacción de El Progreso de Lugo. (11 de xaneiro de 2021). Ons; consigue el mejor promedio de espectadores por sala de toda España. El Progreso de Lugo. https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/ons-consigue-mejor-promedio-espectadores-sala-toda-espana/202101112242521480216.html Tena, A. (10 de abril de 2021). Crítica de ONS: La isla como gran contenedor. Cine con Ñ. https://cineconn.es/ons-pelicula-critica-contenedor/ Varela, S. (2021, 15 abril). «Ons»: Metamorfosis dual de la soledad. Cinemagavia. https://cinemagavia.es/ons-pelicula-critica-zarauza/

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes dirixidos por Alfonso Zarauza Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme