Electrión foi, segundo a mitoloxía grega, un rei de Micenas, fillo de Perseo e de Andrómeda (filla dos reis Cefeo e Casiopea). Casou con Anaxo (ou Anasaso), de quen tivo a Alcmena (nai de Heracles Eurípides (Heraclidas) discorda e di que Alcmena foi filla de Lisícide ou Eurídice.) e nove fillos varóns: Estróbates, Gorgófono, Filónomo, Celeneo, Anfímaco, Lisínomo, Querímaco, Anáctor e Arquelao. Tamén tivo un fillo bastardo, Licimnio, de Midea Pseudo-Apolodoro, II, 4, 5..
Un día presentáronse ante el os fillos de Pterelao e reclamaron o reino; Pterelao era o bisneto de Méstor, irmán de Electrión. Electrión negouse e houbo un enfrontamento no que morreron tanto os fillos de Electrión (salvo Licimnio) como os fillos de Pterelao (salvo Everes). Electrión quixo ir vingar a morte dos seus fillos e deixou o reino en mans de Anfitrión (sobriño e xenro seu)) e Alcmena, pero fixo xurar a Anfitrión que a gardaría virxe ata o seu regreso. Fixo fuxir ó exército inimigo, pero este levou consigo o botín de guerra, formado por abundante gando, que foi recuperado por Anfitrión, pero cando este estaba arrecadando o gando roubado, unha vaca intentou escapar e el tiroulle unha maza, con tan mala sorte que rebotou nun corno e foi dar na cabeza de Electrión, matándoo Outra tradición di que Electrión morrera antes de poder saír á guerra contra Pterelao, polo que foi Anfitrión quen organizou a expedición (Grimal, s.v. Pterelao).. Por este motivo, Anfitrión foi exiliado de Argos por Esténelo (irmán de Electrión) e marchou con Alcmena e Licimnio a Tebas.
Hesíodo (Escudo) e Homero (Ilíada XIV, 323) dan unha versión diferente da morte de Electrión, segundo a cal Anfitrión matouno nunha agarrada por cousa das vacas e marchou voluntariamente a Tebas.
Electrión é coñecido principalmente polas lendas relativas ó fillo de Alcmena, Heracles.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega