Aceredo foi unha aldea da parroquia de Manín, no concello de Lobios, pertencente á bisbarra da Baixa Limia, na provincia de Ourense. Desapareceu asolagada polo encoro de Lindoso (Portugal) en xaneiro de 1992 xunto a Buscalque, O Vao e a Reloeira (Entrimo). Aceredo está, desde o 2009, dentro da Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Trasportela thumb|Detalle da parroquia de Manín no mapa de Domingo Fontán de 1834. thumb|Detalle da fronteira entre Galiza e Portugal. Aceredo aparece recollido co nome de Trasportela, tanto na Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán, de 1834, coma no mapa de José Castro López, de 1863, empregado para o trazado da fronteira entre Galiza e Portugal, subscrito en Badaxoz en marzo de 1863, e que pasou a historia coma o Tratado de Lisboa que entrou en vigor en 1864, e que fixa as fronteiras definitivas entre España e Portugal. Tamén aparece con ese nome nas referencias que fai Benito Fernández Alonso no seu libro El río Limia y sus contornos, en 1879. Tamén o recolle o libro de Trasos Montes e Miño, no número 44, onde fala das demarcacións da vila de Lindoso (Portugal), coas das aldeas de Trasportela e Riocaldo en Galiza.

Pola contra, no Dicionario xeográfico, estatístico e histórico de España e as súas posesións de ultramar de Pascual Madoz de 1848, tomo XI, recolle Aceredo coma unha aldea de parroquia de Manín ou Trasportela, o que nos indica que Trasportela puido ser empregada para identificar á parroquia.

Xeografía

Aceredo estaba asentada ao pé do río Límia que o cruzaba de leste a sur, delimitada polo río Caldo ao oeste, o río Mao cruzaba a aldea polo sur, ao norte lindaba con Manín e Ludeiros, ao sur con Compostela e O Vao.

Aldea Historia Aceredo foi unha aldea labrega onde había boas producións de millo, patacas, centeo, viño e hortalizas, e tamén se chegou a sementar tabaco, así se establecera pola Dirección Xeral de Agricultura do Ministerio de Agricultura no BOE do 7 de setembro de 1940. Tamén había un importante número de vacas e de gando ovino e caprino. A súa veiga, regada por tres ríos, principalmente polo río Limia, o río Caldo e o río Mao, abranguía unha enorme extensión do val.

Aceredo tivo escola, no medio do lugar, ou escola das primeiras letras, onde asistían os cativos das aldeas da parroquia ata a apertura da escola de Compostela, na Segunda República. Esta escola mantívose ata a inauguración do grupo escolar de Lobios, no ano 1978, agora denominado CEIP do XurésCEIP do Xurés.

Ata o final dos seus días contou con varios comercios de mercadorías, e era lugar de paso dos veciños das aldeas de Compostela, Ludeiros, O Vao, Buscalque, Reloeira e Lantemil principalmente. Tamén dos portugueses que cruzaban a fronteira da Madalena.

En decembro de 1955, a Delegación de Industria da provincia de Ourense aproba a solicitude da Sociedad General Gallega de Electricidad, S.A., emprazada en Entrimo, por un presuposto de 550.000 pesetas, a instalación da liña eléctrica trifásica de 20 KV, desde As Conchas a Aceredo, e outras aldeas e serradoiros do val do Limia.

Contou cunha liña de autobús dende xuño de 1958, aprobada pola Dirección Xeral de Ferrocarís, Tranvías e Transportes por estrada, BOE nº 145 do 18 de xuño de 1958. Dábaselle a concesión á empresa Paz y Compañía, S.L., co itinerario Bande A Madalena (Lobios), de 22,5 quilómetros, pasando por: Pazos, Lobeira, Terradas, Herdadiña, A Malleta, Aceredo, que saía dende A Illa (Entrimo), pasando por Aceredo, coa indicación de facer todos os días, sen excepción, o percorrido entre Bande e A Madalena.

Co tempo esta liña foi asumida pola empresa Anpián que saía dende A Illa (Entrimo), pasando por Aceredo, e unía estas terras coa capital ourensá.

Veciñanza Aceredo contaba con 105 familias en xaneiro de 1992 cando foi asolagado.

A morte destas aldeas co asolagamento polo encoro de Lindoso supuxo un éxodo de 250 habitantes das aldeas de Aceredo, O Vao, Buscalque e a Reloeira. Ademais de afectar a outros 2500 habitantes de Compostela, Quintela, Rivas de Arauxo, Parroquia de Torno, Lantemil, Parroquia de Galez e OlelasOs habitantes da Terrachán ourensá condenados a un éxodo sen retorno polo encoro hispano-portugués. Por José Aurelio Carracedo, La Voz de Galicia do 2-11-1985.

Alcumes A Bilara, A Fragueira, A Pinzaleira, As da Aniña O Touza, As Marianas, As Moras, As Pastoras, Lalo O Camiñeiro, María da Pepa, O Bordón, O Botica, O Camarro, O Cé Estévez, O Relampo, O Parranda O Manuel, O Pinchapasos, O Ratiño Emilio, O Rigor, O Ruzo, O Tío Carneiro, O Tío Cremente, Os do Pendiente, Os Biolas Os Gallatos, Os Caravillas, Os Chanos, Os Ciruxanos Os de Malvaz, Os Cogones, Os da Cabaniñas O Lanciñas, Os da Caridade O Maquieira, Os da Costa O Moucho, Os da Ponte Señor Perfeuto, Os da Tulla, Os das Eiras, Os de Rivelas, Os do Coronel, Os do Crego, Os do Cura Remixio, Os do Juna Manuel, Os Flores, Os María Antonia, Os Mortes Ricardo, Os Pericos, Os Pretas, Os Rechechos Os Caseiros, Os Varandas, Os Xigas, Paco da Tía Cristalina, Pepe da Guenara, Rosa do Enxido, Serafín do Boi, Tía Martiña da Aniña, Vacaboi.

Partes da aldea A Barreira, A Costa, A Forxa, As Eiras, As Laixas, O Corgo, O Renque, O Santo, O Soutiño, Quenlla da Oliveira, Quenlla da Fonte Fría, Quiñaldo, Rivelas.

A Fonte do Corgo thumb|Fonte do Corgo Aceredo tiña unha fonte veciñal no medio do lugar, a Fonte do Corgo, onde chegaban as principais quenllas da aldea que estaban case todas cubertas de latasAs latas son emparrados altos sobre as vías públicas, ou levantadas en propiedades privadas, xeralmente con postes de pedra e trabes de madeira e fíos de arame, moi comúns no val do Limia.. Esta fonte tiña un pilo onde vertía a auga para beber o gando, e dese pilo pasaba para o tanque lavadoiro, onde a veciñanza, que non tiña lavadoiro propio, lavaba a roupa.

A Fonte do Corgo segue abrollando coma se non pasase o tempo, coma se todo se detivese naquel fatídico xaneiro de 1992, e en cada baixada das augas do encoro, a fonte segue cumprindo coa súa función e dándolle de beber ao viaxeiro, ao veciño, ao gando.

Río thumb|Lamprea Aceredo estaba fondamente vencellada ao río Limia, mais non era o único río que regaba as súas terras, tamén o facía o Caldo e o Mao, e enfronte da aldea desembocaba o río Agro (Entrimo). Estes ríos foron compoñendo as dinámicas da aldea, prestado a súa forza para os moitos muíños que tiña en cada un deles, para as levadas que traían a auga para os campos e a enorme veiga, que se estendía, case ininterrompidamente dende o comezo da aldea no Gusteu, ata Os Aguinchos. Mais tamén ás fábricas de madeira que abondaron pegadas ao seu curso e aproveitaban a auga para mover a maquinaria, como acontecía na fábrica da Malleta, preto de Lobios, na da Escoleira levantada á beira do río, dentro do enorme piñeiral de Lantemil (Entrimo).

Os ríos, en principio, son sempre estremas entre parroquias, unidade fundamental no mundo simbólico galego. Así o recolle Manuel Mandianes, no seu libro O río do esquecemento.

Foron estes ríos lugares vencellados á pesca, moi recoñecidos polos pescadores dunha e doutra banda raia, en particular o río Limia, onde abondaban as troitas, ata o final dos seus días sen encorar. Case todo o curso do río Limia, ao seu paso par Aceredo, gozaba de bos lugares para a pesca, recoñecidos eran os que se atopaban por debaixo da igrexa, enfronte da fábrica de madeiras da Escoleira, máis arriba, antes da desembocadura do río Agro, ata a Ponte Nova de Entrimo. No seu discorrer cara Portugal, no pozo da Reloeira e nos Aguinchos.

Mais o río Limia, non só foi un río troiteiro moi apreciado polos pescadores como amosa unha reportaxe da Televisión Pública Portuguesa (RTP), tamén foi un río onde as lampreas viñan a desovar, ao lugar onde comezou a súa vida, logo de percorrer infinidades de quilómetros e de medrar nas augas salgadas do Atlántico. Así o recolle a Lexislação Régia portuguesa nun documento do 14 de febreiro de 1907, poucos anos antes de se erguer a primeira presa en Lindoso, para aproveitar a auga para a agora vella central hidroeléctrica de Paradamonte (Portugual). A autorización real viña a ordenar a pesca da lamprea de noite, en quendas, con redes que tiñan que ser postas de lado a lado, sempre pola noite, e sacadas de día para permitir o tránsito dos peixes que remontan o río, e para as posibles embarcacións que fagan uso durante o día.

O pozo da Reloeira thumb|Pozo da Reloeira Antes de levantarse a ponte dos Aguinchos, o río Límia, a esa altura cruzábase no pozo da Reloeira.

O pozo da Reloeira era un remanso do río Limia provocado por unha enorme presa feita para levar auga o muíño que estaba preto dos Aguinchos, e que na segunda metade do pasada século era coñecido coma o muíño do Lalo, aínda que fora construído con anterioridade, e tivo outros donos, antes de adquirilo este último propietario.

Nese lugar había unha barca para cruzar o río dende Aceredo (Lobios) ata a Reloeira (Entrimo). Era unha barca das coñecidas como sacramentais, por empregalas o clero para levar os sacramentosJosé Lamela Bautista. Historiador, escritor e xornalista.. Neste caso é preciso ter en conta que a parroquia de Manín no abrangue as aldeas de Buscalque e Quintela, pertencentes ao concello de Lobios, estas aldeas pertencen á parroquia de A Illa, e enterraban na súa parroquia. Mais esta barca, aínda sendo propiedade dun veciño de Lobios, tiña compartida cun de Entrimo que a xestionaba e lle pagaba un alugueiro anual. Era empregada principalmente polos veciños da parroquia de Manín e de Entrimo. Tamén se alugaba a forasteiros.

Na memoria da xente aínda fican acontecementos que marcaron ese lugar, coma o acontecido a dous veciños portugueses de Entre Ambos Os Ríos, que viñeran a Galicia con contrabando, e foran apreixados pola Garda Civil e trasladados ao calabozo de Entrimo. Conseguiron fuxir e chegar o Pozo da Reloeira, para cruzar o río Limia e logo a fronteira e volver á casa. Mais, véndose acurralados saltaron ao pozo para cruzalo nadando, respondendo con tiros a Garda Civil e matando a un deles, o outro conseguiu cruzar, chegar ata Ludeiros, onde foi acubillado e pasou a noite nun canastro. Este home, tempo despois emigrou, e cando retornou a súa aldea, a finais dos anos 90, buscou á familia que o acubillara e transmitiu o que lle acontecera naquel tempo mozo que o marcou para sempre.

A finais dos anos 20, o 10 de agosto, os mozos de Padrendo ían ao San Lourenzo na aldea da Illa (Entrimo), e tiñan que cruzar o río Limia polo pozo da Reloeira. Co exceso de carga, a barca afundiu, e milagrosamente salváronse todos os mozos daquel naufraxio.

Emigración Desde a década de 1950 sufriu unha importante diminución de habitantes pola emigración, principalmente a Francia e ao resto de España, maioritariamente a Cataluña e Madrid, aínda que a emigración víñase producindo dende moito antes sobre todo a Portugal, onde sempre houbo unha gran cantidade de veciños de Aceredo e doutras aldeas arraianas. Tamén en Portugal se fixeron grandes patrimonios que logo investiron na aldea, como aconteceu coa familia dos Pretas.

A casa do Preta thumb|Fachada da casa do Preta Esta casa construída onde o campo da festa, preto da igrexa e do adro, polas dimensións e a construción era máis ben un pazo de dúas plantas levantadas en pedra. Na planta baixa tiña cortes, adega e outros lugares destinados ao servizo da casa. Na planta primeira, contaba cas dependencias propias dunha casa señorial, grandes e cómodas, con fiestras de madeira tallada e decorada, unha enorme galería en forma de L feita de madeira e cristal decorada para aproveitar a luz, corredores e balcóns para o patio e para a estrada, algúns con galerías tamén de madeira e cristais tallados. O peche era de perpiaño ben acabado, cunha beira superior e motivos de pedra en forma de grandes copas florais na entrada da porta. Tamén tiña boas latas de ferro para as videiras que cubrían unha parte do patio.