Sumak Helena Sirén Gualinga, nada o 27 de febreiro de 2002, é unha activista indíxena dos dereitos humanos e medioambientais orixinaria da comunidade kichwa de Sarayaku, en Pastaza, Ecuador.
Traxectoria Helena Gualinga naceu na comunidade Kichwa Sarayaku, na provincia de Pastaza, Ecuador e os seus pais son o finés Anders Sirén, profesor do Departamento de Xeografía e Xeoloxía na Universidade de Turku, e a indíxena ecuatoriana Noemí Gualinga, quen foi presidenta da asociación de mulleres Kiwcha. A súa irmá máis vella é a activista Nina Gualinga, a súa tía é Patricia Gualinga e a súa avoa Cristina Gualinga, mulleres amazónicas que loitaron polos dereitos indíxenas e da súa terra. Helena viviu nos territorios Sarayaku da provincia de Pastaza, e pasou a maior parte da súa adolescencia en Pargas e logo en Turku, na costa suroeste de Finlandia, debido ó vínculo familiar do seu pai. En Turku, estudou na secundaria da Escola Catedral.
Dende a súa nenez viu como a súa familia se enfrontou ás grandes compañías petroleiras que chegaron ó seu territorio, feito polo que toda a súa familia foi perseguida por anos. O conflito da súa familia contra as grandes corporacións e os gobernantes ecuatorianos volveuse sanguento, onde as principais figuras da súa comunidade perderon a vida.
Activismo Mentres se realizaba a Cimeira sobre a Acción Climática ONU de 2019, na sede da ONU, en Nova York, Helena protestou nas aforas xunto a centos de rapaces de todo o mundo para expresar a súa preocupación polo cambio climático. Fíxoo sostendo un letreiro que dicía "sangue indíxena, nin unha soa pinga máis".
thumb|left|Deforestación da Amazonia en Bolivia, 2016. O 9 de decembro de 2019, tivo unha intervención na cimeira sobre o cambio climático COP25 en Madrid, España, onde salientou o problema das pretroleiras que interveñen nos territorios indíxenas e manifestou: "Os Gobernos do noso país seguen concesionando os nosos territorios sen o noso consentemento á industria extractiva que está a crear o cambio climático. Isto debería ser criminal". Ademais dixo sentirse descepcionada dos líderes mundiais que non discuten as cousas que son importantes para o pobo indíxena que acudiu á cimeira e criticou ó goberno de Ecuador, quen aínda non deu resposta ó mandato que as mulleres amazónicas lle deron o ano pasado logo de cinco días de protestas na capital.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Ecuador Categoría:Ecoloxistas de Ecuador Categoría:Indixenistas de América Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua