O Tampere-talo é o centro de concertos e congresos máis grande dos países nórdicos, situado en Sorsapuisto, na cidade de Tampere, Finlandia. O edificio foi encargado en 1990 e deseñado polos arquitectos Sakari Aartelo e Esa Piironen, mentres que Alpo Halme foi o responsable do deseño acústico das salas. En 2016 completouse unha nova ampliación do edificio.
O Tampere-talo é a sede da Tampere Filharmonia e do Muumimuseo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Tampere-talo
Categoría:Cultura en Tampere Categoría:Edificacións de Tampere