A familia Adam foi unha importante dinastía de escultores franceses do século XVII e XVIII, orixinaria de Nancy, en Lorena. miniatura|240x240px|A casa da familia Adam en Nancy

Unha dinastía de escultores A orixe da familia remóntase a Sigisbert Adam, escultor, e a Lambert Adam, ambos activos en Lorena na segunda metade do século XVII.

O fillo de Lambert, Jacob Sigisbert Adam, traballou esencialmente en Nancy. Os seus tres fillos foron todos eles escultores (os que alcanzaron máis fama da familia):

Lambert Sigisbert Adam (1700-1759), chamado Adam o vello, en ; Nicolas Sébastien Adam (1705-1778), chamado Adam o mozo, en ; François Gaspard Balthazar Adam (1710-1761).

Dous fillos de Nicolas Sébastien foron importantes artistas:

Jean Charles Nicolas Adam, pintor; Gaspard Louis Adam, escultor.

A filla de Jacob Sigisbert, Anna Adam, casou cun escultor de Metz, Thomas Michel, e tiveron dous fillos escultores:

Sigisbert François Michel (1727-cara a 1785) e Claude Michel, chamado Clodion (1738-1814), que foi discípulo do seu tío Lambert Sigisbert .

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía "" Enciclopedia Encarta Online. 2008. Microsoft .

Categoría:Escultores de Francia Categoría:Escultores do século XVIII Categoría:Escultores do século XVII