Natalia Sanmartín Fenollera, nada no ano 1970 na Estrada é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria Aínda que de pequena quería ser bibliotecaria pola súa afección á lectura, licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña e realizou un máster en Xornalismo na Escola de Xornalismo do diario El País. Posteriormente, especializouse en xornalismo económico tras realizar un Programa Integral de Desenvolvemento Directivo (PIDD) da Escola Superior de Enxeñeiros Comerciais (ESIC).
En 2013 publicou El despertar de la Señorita Prim. A novela foi traducida a once linguas e chegou a máis de 75 países. O libro xurdiu da necesidade de escribir unha historia que falase do valor das cousas sinxelas que se perderon no camiño cara ao progreso e a modernidade.
En 2020, saíu a súa segunda novela Un cuento de Navidad para Le Barroux.As monxas beneditinas da abadía de Notre-Dame de l'Annonciation du Barroux (Francia), pedíranlle á autora que escribise un conto para ler no refectorio, duranto o Nadal.
É Xefa de Opinión do diario económico Cinco Días.
Notas
Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1970 Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá