Harry Cutler Blanchard (13 de xuño de 1929, Burlington, Vermont - 31 de xaneiro de 1960, Bos Aires, Arxentina) foi un piloto de carreiras estadounidense .
A súa única aparición nun Gran Premio foi ao volante dun coche Porsche RSK Fórmula 2 no primeiro Gran Premio dos Estados Unidos en Sebring en 1959. Finalizou sétimo e último, a catro voltas do gañador, Bruce McLaren. Poucos meses despois morreu cando o seu Porsche deportivo volcou durante a carreira dos 1000 km. de Bos Aires.
Resultados completos de Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Blanchard Auto Co. Porsche RSK Porsche 4 en liña MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA NC 0
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Nados en Vermont