SAC-C, acrónimo de Satélite de Aplicaciones Científicas C, foi un satélite artificial da colaboración entre a CONAE Arxentina, a NASA, Italia, Dinamarca e o Brasil, lanzado o 4 de decembro de 1998 a bordo dun foguete Delta 7320 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características SAC-C foi un satélite lanzado coa misión de estudar a vexetación e diversos ecosistemas en varias lonxitudes de onda. Foi enviado a unha órbita coplanar cos satélites EO 1, Landsat 7 e Terra, o que permitía estudar as mesmas zonas do planeta con moi diferentes sensores. Levaba a bordo o intrumento GOLPE (GPS OccuLtation and Passive reflection Experiment) para estudar de maneira indirecta a estrutura da atmosfera e un magnetómetro de helio. O satélite deixou de funcionar o 15 de agosto de 2013, nove anos despois de superar a súa vida útil calculada de catro anos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7320

Ligazóns externas SAC-C na web de INVAP SAC-C na web do goberno da Arxentina

Categoría:Satélites artificiais