Yaku Sacha Pérez Guartambel, nado en Cachaipucara, Cuenca o 26 de febreiro de 1969, inscrito ao nacer cos nomes de Carlos Ranulfo e actualizados legalmente a Yaku Sacha, é un dirixente indíxena ecuatoriano da nacionalidade kichwa-cañari. Foi presidente da Confederación de Pobos da Nacionalidade Kichwa (ECUARUNARI) de 2013 a 2019, dende onde participou en manifestacións durante o goberno de Rafael Correa. En 2017, foi elixido como presidente da Coordinadora Andina de Organizacións Indíxenas. Nas eleccións seccionais de 2019 foi elixido como Prefecto de Azuay e participou nas manifestacións de outubro de 2019 durante o goberno de Lenín Moreno. Foi elixido pola organización política Pachakutik como candidato á presidencia do Ecuador para as eleccións presidenciais de 2021.
Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Ecoloxistas de Ecuador Categoría:Políticos de Ecuador Categoría:Políticos de Pachakutik Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua