María Victoria Portas Mariño, nada en Pontevedra en 1976, é unha política galega.

Traxectoria Relacións laborais e experta en seguridade social. Traballou como técnica en Emigración e Inmigración e avogada laboral na Asociación de Emigrantes Retornados no ámbito Galego, no Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) e na Coordinadora Estatal (COESPE) sendo a súa voceira durante 3 anos. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse na candidatura da ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas), sendo elixida concelleira e portavoz do grupo no Concello. Logo do pasamento do alcalde Xosé Manuel Pazos, foi elixida alcaldesa de Cangas co apoio de PSdeG-PSOE e BNG o 13 de febreiro de 2021.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cangas de Morrazo

Ligazóns externas Ficha no Concello de Cangas

Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes