A Universidade Libre de Berlín (en alemán Freie Universität Berlin; abrev. FU Berlín ou FUB) é a maior das Universidades públicas de Berlín, e unha das máis grandes e prestixiosas de Alemaña.
Dentro do marco da iniciativa pola excelencia académica do goberno alemán, outorgóuselle o status de "Universidade elite" pola calidade dos seus programas orientados cara ao futuro. Este status compárteo con outras 9 Universidades do país e, en termos prácticos, significa orzamentos adicionais para a investigación, así como admisións restrinxidas.
Fundada en Berlín Occidental durante a guerra fría, o seu nome refírese ao status da cidade como parte do chamado Mundo Libre Occidental. No Times Higher Education Ranking de reputación 2015, a Universidade Libre de Berlín ocupou o posto 51 a nivel mundial.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Universidade Humboldt de Berlín Universidade Técnica de Berlín
Ligazóns externas Páxina oficial da Universidade , .
Categoría:Universidades de Alemaña Categoría:Berlín