miniatura|216px|Gelidium latifolium, espécime recollido no mar Negro Gelidium spinosum, que se cita moitas veces na bibliografía como Gelidium latifolium, é unha especie de rodófita da clase das florideofíceas, subclase das rodimeniofícidas, orde das xelidiais e familia das xelidiáceas (Gelidiaceae), Gelidium spinosum (S.G.Gmelin) P.C.Silva, 1996 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021. unha das numerosas comprendidas no xénero Gelidium.Xénero Gelidium J.V.Lamouroux, 1813 no WoRMS. Consultado o 16 de febreiro de 2021.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1996 polo ficólogo estadounidense Paul Claude Silva.

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Fucus spinosus S.G.Gmelin, 1768 (protónimo) Gelidium corneum var. latifolium Greville, 1830 Gelidium latifolium Bornet ex Hauck, 1883 Gelidium latifolium var. typicum Feldmann & Hamel, 1936

Forma e variedade Na especie reconécense unha forma e unha variedade: Gelidium spinosum f. elongatum (Hatta & Prud'homme van Reine) P.C.Silva, 1966 Gelidium spinosum var. hystrix (J.Agardh) G.Furnari, 1997

Hábitat e distribición É unha especie moi común que se pode encontrar durante todo o ano en fondos rochosos non moi profundos con fortes pendentes e pouco iluminados, en costas protexidas e semiexpostas, sobre as rochas ou como epífita sobre outras algas, na zona mesolitoral inferior, e tamén nas pozas inyermreais do mesolitoral medio.

Distribúese polo Atlántico e o Mediterráneo.Parque Nacional de las Atlánticas de Galicia. Gelidium latifolium .

Características A cor do talo varía de rosada a vermella escura. Vive fixada ao substrato mediante uns filamentos rastreiros cilíndricos dos que saen os eixes principais, que son planos e están dispostos irregularmente, chegando a medir 6 cm de alto por 3 mm de largo. Estes eixes ramifícanse varias veces de xeito pinnado irregular.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía González, Concepción, Óscar García Álavarez e Luís Míguez Rodríguez (1998): Algas mariñas de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-263-X. Guiry, M. D. & Guiry, G. M. (2017): Gelidium spinosum (S.G.Gmelin) P.C.Silva 1996, en AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 16 de febreiro de 2021. Silva, P. C., Basson, P. W. & Moe, R. L. (1996): Catalogue of the benthic marine algae of the Indian Ocean. Universidade de California en Berkeley: University of California Publications in Botany 79: 1–1259. ISBN 978-0520-09810-7.

Ligazóns externas Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia. Gelidium latifolium .

Categoría:Xelidiais