Mila (en ) é un filme grego de 2020 dirixido e producido por Christos Nikou, no seu debut como director, cun guión de Nikou e Stavros Raptis. Está protagonizado por Aris Servetalis, Sofia Georgovasili, Anna Kalaitzidou e Argiris Bakirtzis. Cate Blanchett foi a produtora executiva coa súa empresa Dirty Films.
Estreouse internacionalmente na 77ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 2 de setembro de 2020. Estreouse en Grecia o 19 de novembro de 2020 a través de Feelgood Entertainment. Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Aris inscríbese nun programa de recuperación para pacientes non reclamados co obxectivo de crear unha identidade durante unha pandemia que causa amnesia.
Personaxes Aris Servetalis como Aris Sofia Georgovassili como Anna Anna Kalaitzidou Argyris Bakirtzis Kostas Laskos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia