Na mitoloxía grega, Exeo foi o noveno rei de Atenas, fillo de Pandión e, polo tanto, sucesor do mítico rei Cécrope. Outras fontes fano fillo de Esciro Pseudo-Apolodoro III, 15, 5., un dos habitantes de Mégara, e posteriormente sería adoptado por Pandión Esta teoría explicaría o rexeitamento de Palas contra Teseo, por consideralo fillo ilexítimo. Palas e os seus 50 fillos esperaban facerse co reino, vindo que Exeo ía morrer sen descendencia, e Teseo tivo que enfrontarse e matar a todos eles (Grimal, s.v. Egeo).. Exeo é coñecido por ser o pai do heroe Teseo. miniatura|300px|Exeo consultando a Temis, pitia do Oráculo de Delfos (kilix ática de figuras vermellas atribuída ó pintor de Codro, 440-430 a.C., procedente de Vulci) Pandión fora expulsado de Atenas polos fillos de Metión. Refuxiouse en Mégara e alí casou con Pilia, da que tivo catro fillos, sendo Exeo o primoxénito. Pilia era filla do rei Pilas, de Mégara, e Pandión terminou herdando o trono da cidade.
Cando morreu Pandión, Exeo e os seus irmáns (Niso, Palas (ou Palante) e Lico), atacaron a Ática e reconquistaron Atenas. Expulsaron ós fillos de Metión e repartíronse o goberno da Ática, se ben Exeo, como primoxénito, quedou co goberno de Atenas e a maior parte do territorio. Niso reinou sobre Mégara, Lico sobre Eubea e Palas sobre o sur da rexión. Ó final, Exeo fíxose cos territorios dos irmáns.
Exeo expulsou a Lico do seu territorio, obrigándoo a refuxiarse en Mesenia e posteriormente, a Palas. Niso xa fora derrotado e morto por Minos de Creta, grazas á traizón de Escila, filla de Niso, que lle facilitou a conquista de Mégara.
Exeo casou primeiro con Meta, filla de Hoples, e, tras repudiala, con Calcíope, filla de Rexenor. Non tivo fillos de ningunha e, supoñendo que se debía á cólera de Afrodita, foi consultar ó Oráculo de Delfos. A pitia Temis deulle unha resposta que non soubo interpretar:
Á volta a Atenas parou no palacio do rei Piteo, en Trecén, quen si que o comprendeu. Piteo emborrachou a Exeo e fixo que se deitara coa súa filla Etra, á que deixou embarazada. Pero a lenda conta que esa mesma noite, ou a véspera, Etra foi ofrecer un sacrificio a unha illa próxima, instigada por Atenea, e alí foi violada por Poseidón, polo que Teseo tanto pode ser fillo de Exeo como de Poseidón Segundo Plutarco, foi o propio Piteo que difundiu esta versión só para que Teseo fose considerado fillo de Poseidón, moi reverenciado na súa tierra (Plutarco: Teseo, 6)..
Ó día seguinte, Exeo continuou viaxe pero advertiu a Etra que, se tiña un fillo varón, non lle dixera o nome do pai (por temor á vinganza dos seus sobriños). Ademais, agochou as súas sandalias e a súa espada baixo unha gran rocha e díxolle que, cando o meniño medrase, atoparía baixo a rocha o modo de como recoñecer o seu pai.
Xa en Atenas apareceu Medea, abandonada por Xasón e expulsada de Corinto, buscando a protección de Exeo"Acolle a Medea Exeo, único acto que se lle pode censurar, e non abonda a hospitalidade: incluso únea a si en matrimonio" (Ovidio: Metamorfosis VII, 402-403).. Este casou con ela coa esperanza de que os seus feitizos lle permitiran concibir un fillo, pese ó avanzado da súa idade, se ben outras fontes din que lle prometeu a Exeo superar a súa esterilidade a cambio de casar con ela. O caso é que, efectivamente, Medea deulle un fillo, ó que chamaron Medo.
miniatura|250px|esquerda|Teseo chegando a Atenas e sendo recoñecido por Exeo grazas á súa espada (crátera de figuras vermellas, c. 410-400 a.C.)
Teseo foi criado en Trecén e cando cumpriu os 16 anos Etra considerou chegado o momento de confesarlle o segredo do seu pai. Teseo levantou a rocha sen problemas e recolleu as sandalias e a espada, e decidiu presentarse ante o seu pai en Atenas. No camiño cara Atenas matou numerosos bandidos e monstros, así que chegou precedido da sona de heroe coma Heracles. Exeo, que non o recoñeceu, sentiu medo daquel estranxeiro pero Medea soubo decontado quen era e a que viña, así que convenceu a Exeo de que o invitara a palacio e poder matalo envelenándoo, por ser probablemente un conspirador Pseudo-Apolodoro conta que, antes de intentar envelenalo, mandouno matar o Touro de Maratón, o que Teseo conseguiu.. Teseo aceptou, sen darse a coñecer, e durante a comida sacou a espada que lle deixara o pai baixo a rocha. Exeo deuse de conta entón de quen era e verteu a copa que Medea lle preparara co veleno, para recoñecer oficialmente ó fillo e expulsar a Medea e ó fillo. Ovidio conta que Exeo xa lle dera a Teseo a copa con veleno, con acónito, para sermos exactos, cando recoñeceu o pomo da espada que este levaba ó cinto e arrincoulle a copa das mans Ovidio: Metamorfosis VII, 421-423..
Exeo, ó chegar a Atenas, convocara os Xogos Panatenaicos, nos que Androxeo, fillo de Minos venceu a tódolos participantes. Vista a súa forza, Exeo mandouno a matar o Touro de Maratón pero este matouno a el. Tamén se di que o mataron os rivais vencidos nos xogos, como vinganza.. Por esta razón, Exeo foi considerado culpable da morte de Androxeo , como vinganza, Minos atacou e someteu a Atenas, impoñendo un tributo anual de sete mozos e sete mozas atenienses que serviran de alimento a Minotauro. Para acabar con esa sangría, Teseo presentouse voluntario para ser incluído nese grupo de vítimas, coa intención de matar a Minotauro. Exeo, xa ancián, pediu a Teseo que no seu regreso izaran velas brancas se conseguía matalo, ou mantiveran as negras habituais se fracasaba no intento, pero Teseo esqueceu esa advertencia e aportou a Atenas co velame negro. Cando Exeu veu o barco creu que Teseo morrera e suicidouse lanzándose ó mar. Desde entón, ese mar coñécese como mar Exeo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega