Un punto, no baile tradicional galego, é cada unha das distintas figuras e movementos corporais que realizan os bailadores nunha das fases da muiñeira e na xota. miniatura|Baile tradicional galego

Descrición Nestes bailes, chamados soltos, as parellas bailan separadas en dúas fileiras enfrontadas que danzan en espello. Os bailes desenvólvense nunha estrutura de dúas fases, o punto e a volta, engadindo en ocasións un paseo ou descanso entre ambas.

Na fase do punto, un dos bailadores, o guía, inicia unha serie de movementos con brazos e pernas cara a un dos lados. Estes movementos, o punto, son repetidos polo guía cara ao lado contrario, agora xa co acompañamento do resto dos bailadores. O punto coincide sempre coa copla, se o acompañamento musical inclúe voz, e coa melodía principal da música cando o baile ten acompañamento só instrumental. Repítese até que se produce un cambio na melodía musical, momento no que os bailadores pasan á seguinte etapa do baile, a volta, e o paseo se corresponde, podendo reiniciar novamente a secuencia se a música continúa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Un punto ao día con Luis Prego- Youtube

Categoría:Baile tradicional galego