Mustela nigripes é unha especie de mustélido orixinario de América do Norte e Central. Está clasificado como especie en perigo pola IUCN debido ás súas poboacións pequenas e restrinxidas. A especie declinou durante o século XX, principalmente como resultado da diminución das poboacións de cans das pradeiras (Cynomys spp) e polas pestes silvestres. Creuse extinto ata que o can de Lucille Hogg levou un exemplar morto ata a porta da súa casa en Meeteetse, Wyoming, en 1981.Black-footed Ferret Recovery Implementation Team . Blackfootedferret.org. Consultado o 22 de marzo de 2013. A poboación remanente dunhas poucas ducias de touróns durou ata que se considerou a especie como extinta en liberdade en 1996.Encyclopedia Brittanica Online: Black-footed ferret Porén, o Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos lanzou un programa de cría en catividade e reintroduciu a especie en oito estados dos Estados Unidos, no Canadá e en México dende 1991 a 2009. Existen 1 000 exemplares maduros nados en liberdade divididos en 18 poboacións, con cinco poboacións estables en Dacota do Sur, Arizona e Wyoming. Foi clasificado como "especie en perigo" en 1982, "extinto en liberdade" en 1996 e de novo "en perigo" na Lista Vermella da IUCN en 2008.Belant, J., Biggins, D., Garelle, D., Griebel, R.G. & Hughes, J.P. (2015). Mustela nigripes. The IUCN Red List of Threatened Species 2015.
En febreiro de 2021, o primeiro exemplar clonado da especie, unha femia chamada Elizabeth Ann, foi presentada ó público.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Mustélidos Categoría:Mamíferos de México Categoría:Mamíferos do Canadá Categoría:Mamíferos dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1851