miniatura|Bosquexo de cúpula sobre tambor miniatura|Bosquexo de cúpula elevada: tambor (a) e pendentes (b) En arquitectura, o tambor é un elemento arquitectónico estrutural sobre o que se asenta unha cúpula e prolonga esta.Lewin (2001), p. 158 Na maioría dos casos a súa forma é cilíndrica aínda que pode ser poligonal, xeralmente octogonal.
Tamén se refire, a cada unha das pezas cilíndricas que forma o fuste dunha columna; especialmente no estilo dórico da arte grega antiga.
Características A súa función principal consiste en eleva-la cúpula respecto do corpo principal da edificación. Así mesmo, ao contar con xanelas ou vans que permiten a entrada de luz, brinda á cúpula un efecto de lixeireza ou sensación de estar "a flotar", ademais de incrementar a luminosidade interior.
O tambor, na arquitectura románica, como elemento estrutural transmite as cargas da cúpula cara aos arcos torais.Bails (1802), p. 100
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Cúpula Pendente
Categoría:Elementos arquitectónicos