Jallikattu (en ) é un filme indio de 2019 dirixido por Lijo Jose Pellissery e rodado en lingua malaiala. O guión foi escrito por S. Hareesh e R. Jayakumar, e baséase na historia curta Maoist de Hareesh. Está protagonizado por Antony Varghese, Chemban Vinod Jose, Sabumon Abdusamad e Santhy Balachandran e conta a historia dun touro que escapa dun matadoiro e tódolos homes da vila reúnense para darlle caza.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Foi o terceiro filme en malaiala en ser escollido como candidato nos Óscar, logo de Guru e Adaminte Makan Abu.

Personaxes Antony Varghese como Antony Chemban Vinod Jose como Kalan Varkey Santhy Balachandran como Sophie Sabumon Abdusamad como Kuttachan Jaffar Idukki como Kuriachan Tinu Pappachan como subinspector de policía Thomman Kunju como Planter Patrose Rajkumar como Bangladeshi Bhai Prasanth como Sunny Soniya como Omana

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua malaiala Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes sobre animais