Schwesterlein é un filme suízo de 2020 dirixido por Stéphanie Chuat e Véronique Reymond. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na competición principal da 70ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. Tamén foi escollido como candidato de Suíza para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Unha dramaturga talentosa empurra ó seu irmán xemelgo, un famoso actor de teatro, de novo no centro de atención malia que sofre de cancro.
Personaxes Nina Hoss como Lisa Lars Eidinger como Sven Marthe Keller como Kathy Jens Albinus como Martin
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suíza propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Suíza