Santiago Liste Mourenza, nado cara a 1889 e finado na Coruña o 7 de febreiro de 1944,La Voz de Galicia, 8 -2-1944, p. 2, 7. foi un xornalista e político galego. miniatura|300px|Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.
Traxectoria Con propiedades en Corvelle (Os Ánxeles, Melide). Emigrou a Cuba nos primeiros anos vinte, e desde a illa enviou crónicas para El Compostelano. Ao seu retorno foi axente comercial en Galicia. Participou nas campañas agraristas de principios dos anos vinte.El Compostelano, 29-3-1922, p. 1. Foi correspondente da revista Galicia da Habana en Galicia, seguiu colaborando en El Compostelano, publicou artigos en El Ideal Gallego e El Eco de Santiago, e foi redactor de El Noroeste. Asinaba como S. Liste Mourenza.
Vida persoal Casou na Coruña con Carmen Juega López en xuño de 1925.El Compostelano, 20-6-1925, p. 2.
Notas
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1944