Yelena Grigoryeva, nada en 1977/1978 e finada en San Petersburgo o 21 de xullo de 2019, foi unha activista dos dereitos humanos, e dos dereitos LGBTQ. Tamén se opuxo á anexión de Crimea pola Federación Rusa.
Foi asasinada en San Petersburgo o 21 de xullo de 2019 despois de ser apuñalada e esganada por asaltantes descoñecidos. Información para a identificación de Grigoryeva apareceu en xullo nunha páxina web dun grupo que se facía chamar "Saw" en honor á franquía estadounidense de filmes de terror. O grupo alentou ós lectores a cazar, secuestrar e asasinar a unha lista de persoas LGBTQ+. A páxina web "Saw" foi bloqueada en Rusia pero unha nova lista de activistas, xornalistas e cidadáns LGBTQ+ está circulando en aplicacións de redes sociais e aplicacións de mensaxería no país, o que aínda anima a outros a asasinar persoas LGBTQ+ en Rusia.
Grigorieva publicara advertencias sobre o grupo "Saw" en Facebook, indicando que a rede rusa de LGBTIQ+ buscara sen éxito casos legais que rastrexaran as accións deste grupo. Tamén, coa axuda do seu avogado, recorreu en numerosas ocasións á policía en relación coas ameazas recibidas. Despois da súa morte, a policía rusa afirmou estar ó tanto destas alertas, pero que se referían só a disputas privadas e non a persecución política. Grigorieva recibira ameazas pouco antes da súa morte e pideulle a unha amiga que coidara do seu gato se lle pasaba algo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Polizei wertet Mord an LGBT-Aktivistin als "persönlichen Konflikt". Nova de Zeit do 26 de xullo de 2019. Man 'confesses' to murder of LGBT+ activist Yelena Grigoryeva, but Russia's LGBT+ community are not convinced
Categoría:Finados en 2019 Categoría:Activistas de Rusia Categoría:Personalidades sen imaxes