Ewelina Hańska, nada como Rzewuska, nada en Pohrebyshche o 6 de xaneiro de 1801 e finada en París o 10 de abril de 1882, foi unha fidalga polaca, coñecida por ser a parella de Honoré de Balzac, con quen casou cinco meses antes de morrer o escritor.
Traxectoria Eveline naceu en Wierzchownia, en Volhynia en Ucraína. Era irmá de Henryk Rzewuski. Sendo adolescente casou con Wacław Hański, nobre latifundista, que era 20 anos máis vello que ela.Frederic Ewen, Heroic imagination: the creative genius of Europe... Page 498. New York University Press, 2004 reprint. . Consultado o 8 de outubro de 2011 Após a súa morte converteuse na esposa do romancista Honoré de Balzac en 1850.
O primeiro encontro de ambos produciuse en 1833, e dende entón escribíronse de maneira regular. En 1841, Henryk morreu, e en 1843 Balzac viaxou a San Petersburgo para coñecela. Fixeron varias viaxes acompañados (Alemaña, Bélxica, Italia). En 1846, ela tivo un neno que naceu morto. En 1847, viaxaron por Ucraína e enseguida Balzac retornou a París en 1848. El volveu a Ucraína un ano despois e finalmente puido casar coa condesa o 14 de marzo de 1850. Honoré de Balzac morreu cinco meses despois, o 18 de agosto, en París.
Notas
Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1882