Shenzhou 2 foi a segunda misión non tripulada dunha cápsula Shenzhou. Foi lanzada o 9 de xaneiro de 2001 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.
Características Shenzhou 2 foi o segundo voo dunha cápsula Shenzhou. A cápsula non ía tripulada e foi un voo de probas para comprobar o deseño e as características de voo da cápsula e do foguete lanzador. A diferenza de Shenzhou 1, Shenzhou 2 deixou o seu módulo orbital funcionando arredor da Terra durante un tempo despois de que a cápsula de retorno da nave reentrara na atmosfera o 16 de xaneiro de 2001.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16
Categoría:Programa Shenzhou