Rosa María Castellanos y Castellanos, nada en Bayamo en 1834 e finada en Camagüey o 25 de setembro de 1907, coñecida como "Rosa la Bayamesa", foi unha escrava cubana liberada que tivo unha notable participación durante a guerra de independencia de Cuba, actuando principalmente como enfermeira e fundadora de varios hospitais.

Traxectoria Castellanos foi orixinalmente unha escrava, filla de escravos procedentes de África. Cando foi liberada, ela e o seu esposo, José Florentino Varona, uniuse á causa da guerra dos Dez Anos en 1868. É incluída como precursora da práctica da enfermería en Cuba, boa coñecedora das cualidades das plantas medicinais, durante o conflito asistiu doentes e feridos. Tamén confeccionou roupa e fixo de mensaxeira.

En 1871, trasladouse a Camagüey, onde fundou diversos hospitais de sangue na serra de Najasa. O maior xeneral Máximo Gómez nomeouna capitá de sanidade e encomendoulle a misión de crear un hospital que recibiu o nome de «Santa Rosa» na súa honra. Cando estoupou a guerra de independencia de Cuba (1895), tiña xa 60 anos, mais continuou colaborando cos rebeldes e Gómez volveuna poñer á fronte do hospital que ela fundou. Afírmase que cando non había feridos que atender, ela mesma participaba nas accións bélicas.

Despois da guerra, continuou traballando como comadroa. Morreu en Camagüey o 25 de setembro de 1907 e o seu cadáver foi velado publicamente na sede do concello da cidade.

Homenaxes No ano 2002 erixiuse unha estatua dela na saída de Bayamo, a súa cidade natal, obra de Alberto Lescay.

Notas

Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1907