José Ambrós Gordillo, nado en Badaxoz o 6 de maio de 1900 e finado en Ferrol o 25 de agosto de 1936, foi un mestre e político español.

Traxectoria Mestre en Mañón. En 1934 foi nomeado mestre da escola de Porto de Cabo en Vilarrube (Valdoviño).El Compostelano, 23-4-1934, p. 1. Membro da FETE da UGT e militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto e encarcerado no barco prisión Plus Ultra. O 24 de agosto foi posto a disposición da Xefatura de Policía de Ferrol xunto con Manuel López González e Manuel López López. Foi asasinado por un grupo de gardas civís e falanxistas o 25 de agosto de 1936 e a súa morte foi rexistrada a mans da "Fuerza Pública".

Recoñecementos

O 25 de xuño de 2005 os veciños de Pantín colocaron na escola unitaria unha placa de homenaxe aos mestres represaliados en 1936 Frutos Burgos Ramos, Reinaldo Sarria Delgado, José Ambrós Gordillo, Manuel López González e Joaquín Pérez Garre."Memoria de un hombre bueno", La Voz de Galicia, Ferrol, 24-6-2005, p. 12. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Profesores de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Badaxoz Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936