Kehkashan Basu, nada o 5 de xuño do 2000, é unha activista medioambiental e dos dereitos humanos de Emiratos Árabes Unidos. Tamén é embaixadora para a xuventude para o Consello para o futuro do mundo, asesora honoraria do Comité de ONG sobre Desenvolvemento Sustentábel, membro de KidsRights Youngsters, e gañadora do premio Internacional da Paz dos Nenos de 2016.

Traxectoria Kehkashan naceu o 5 de xuño e vive en Dubai. É a fundadora e presidenta de Green Hope, unha fundación para sostibilidade que educa e faculta a nenos e persoas novas globalmente, implicándoos no proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábeis (SDGs) a través de proxectos centrados na comunidade en xustiza climática, detendo a degradación da terra, promovendo o consumo sustentábel e as enerxías renovábeis, e consrevar a biodiversidade, así como a igualdade de xénero e a xustiza social. Actualmente con máis que 1000 membros en total, no Canadá, Suriname, o Oriente Medio, a India e o Nepal, a organización traballa mediante a realización de obradoiros e conferencias ao redor da aplicación dos SDG.

En 2018 publicou o libro de historias curtas "The Tree of Hope", en colaboración coa ilustradora Karen Webb-Meek.

Notas

Categoría:Nados nos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Activistas polos dereitos humanos Categoría:Nados en 2000