O referendo de autonomía de Cataluña, co obxectivo de aprobar o Estatuto de Núria, celebrouse en Cataluña o 2 de agosto de 1931. Participou arredor dun 75% do censo, formado por homes adultos de máis de 25 anos (sufraxio masculino adulto), e o resultado foi afirmativo nun 99%. As mulleres, que non podían votar segundo a lei, reuniron unhas 400.000 sinaturas de adhesión ó Estatuto de Núria.
Posteriormente á redacción do ante proxecto, este foi aprobado sucesivamente pola deputación provisional, pola Generalitat e pola poboación do Principado. A consulta lévase a cabo en dúas fases, o 26 de xullo o texto de Núria foi aprobado por 1.063 concellos cataláns (un 98% do total); e o 2 de agosto de 1931, o pobo catalán pronunciouse a prol do Estatuto cun 75% de participación, e 595.205 votos a prol (un 99% do censo) por só 3.286 en contra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Referendo de autonomía de Galicia de 1936 Referendo de autonomía do País Vasco de 1933
Categoría:Política de Cataluña Categoría:1931