Pilularia globulifera é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das marsileáceas, unha das cinco integradas do xénero Pilularia.Pilularia globulifera L. no GBIF. Consultado o 17 de marzo de 2021.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1753 por Linneo na páxina 1100 do Tomo II da súa obra Species Plantarum.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Pilularia.
O epíteto específico, globulifera, está formado polos elementos globul- e -fera, unidos por un -i- epentético. Ambos os elementos derivan do latín, o primeiro de globulus, "pequeno corpo esférico", e o segundo de -fera, forma feminina de -fer, sufixo derivado do verbo ferre, "levar".Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo I. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7, pp. 530 e 464, respectivamente. Literalmente, "que leva pequenas esferiñas", en alusión aos seus esporocarpos esféricos.
Sinónimos Ademais de polo protónimo acuñado por Linneo, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Calamistrum globuliferum (L.) Kuntze Pilularia globulifera f. submersa Glück Pilularia globulifera f. terrestris Glück Pilularia natans Mérat Pilularia sessilis St.-Lag.
Características Pilularia globulifera ten as frondes (follas) delgadas, cilíndricas, parecidas a xuncos, de até 8 cm de altura, que teen forma de báculo de bispo cando son novas ao despregárense. Ten un esporocarpo de 4 cámaras en forma de chícharo, de aproximadamente 3 mm de diámetro. Cada cámara fórmase a partir dunha folla modificada e conténe varios soros con megasporanxios e microsporanxios. Polo tanto, a especie é heteróspora.
Hábitat e distribución Hábitat Medra na lama nas marxes de lagos, estanques e cursos de augas con correntes lentas, nos que está mergullada durante polo menos unha parte do ano. No seu hábitat en augas pouco profundas, nas marxes dos estanques ou en pasteiros húmidos, parece crecer bien en lugares espidos onde ten pouca competencia. As súas poboaciónes varían moito dun ano para outro; ás veces "desaparece" dun sitio, para volver a aparecer alí moitos anos despois.
Distribución É unha especie propia de Europa occidental.
Usos Pódese cultivar en "xardíns de pantanos" o nos estanques dos xardíns.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), aínda que a tendencia demográfica é decrecente, e o seu declive na extensión e calidade do hábitat, cualifica o status desta rara especie como LC (pouco preocupante) xa que a súa área de distribución é moi grande, e a especie é moi resistente porque as súas esporas poden permanecer no chan durante moitas décadas, polo que é improbábel que se clasifique nalgunha das categorías ameazadas. Porén, precísanse máis investigacións e seguimento sobre as súas subpoboacións existentes e os seus hábitats.Christenhusz, M., Lansdown, R. V., Bento Elias, R., Dyer, R., Ivanenko, Y., Rouhan, G., Rumsey, F. & Väre, H. (2017): Pilularia globulifera] na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 17 de marzo de 2021.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Salviniales Marsileáceas Pilularia
Categoría:Salviniales Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné