Os paxariños ou arreitó, Linaria triornithophora, é unha planta herbácea da familia das Plantaginaceae.
Outros nomes comúns en galego son: routó,Diccionario de sinónimos da lingua galega calzas de cuco,, arroitó, arroutó, galos, herba caralleira, meleiras, pantaloes de cuco, pantalois de cuco, paxariños azuis, reitó, esporas, gallos, linaria e liñaria.Flora ibérica. Nombres vernáculos del táxon Linaria triornithophora. Gallego Descrición Endemismo ibérico facilmente diferenciable doutras linarias polas súas grandes flores (35-45 mm) violeta purpúreas, con veas marcadas e padal amarelo, e polo seu longo esporón, curvado e aguzado, máis longo que o resto da corola. As flores dispóñense en verticilos formando unha inflorescencia de até 10 cm. Os pedúnculos son máis longos que as brácteas; ten follas en verticilos de 3-4, aovadas ou aovado-lanceoladas, con 3 nervios, do mesmo xeito que o resto da planta, algo glaucas. As súas sementes son discoideas e aladas. Florece na primavera e verán.
Sinonimia Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Linaria triornithophora: Antirrhinum triornithophorum L. Linaria lusitanica Mill. Linaria triornithophora subsp. triornithophora (L.) Willd. Linaria triornithophora var. debilis Merino.
Hábitat Bosques e matogueiras en taludes ou claros sobre substrato acedo, en zonas iluminadas sobre arenitos, cuarcitas ou lousas. Medra dende o nivel do mar ata os 1.500 metros.asturnatura.com "Linaria triornithophora (L.) Willd.". Asturnatura.com [en línea]. Num. 90, 17/09/06 [consultado o: 23/03/2021]. Dispoñible en <https://www.asturnatura.com/especie/linaria-triornithophora.html>. ISSN 1887-5068.
Distribución Endemismo da Península Ibérica que pode atoparse en Galicia.
Notas
Categoría:Plantaginaceae Categoría:Flora de Galicia