O retraemento foi unha estratexia política mediante a cal un partido non se presentaba ás eleccións co fin de denunciar a falta de lexitimidade dun partido gobernante ou dun réxime político no poder. Consiste en absterse de participar no xogo político animando aos seguidores a absterse de votar.Pérez Galdós (1872), p. 298
Historia Durante o século XIX, nun momento en que en España estaba pouco desenvolvido o sistema parlamentario, tódolos partidos políticos promoveron nalgún momento esta estratexia. Os liberais progresistas Pirala (1887), pp. 23 e ss.fixérono antes de 1868, causando a caída da monarquía e a chegada da revolución de setembro; e os afonsinos, republicanos e carlistasPirala (1877), pp. 630 e ss. fixérono en 1872 co fin de provocar a caída da monarquía de Amadeu de Savoia.
En ocasións o «retramento» foi practicado en combinación coa insurrección ou os pronunciamentos militares. O non recoñecemento do réxime político establecido, a denuncia de que o devandito réxime non permitía o libre xogo político, por exemplo a base de manipular as eleccións ou, en fin, as escasas posibilidades de lograr un bo resultado electoral, foron as razóns para boicotear o proceso político e promover a abstención.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Eleccións Categoría:Partidos políticos