Linda Thomas-Greenfield, nada en Baker en, 1952, é unha diplomática estadounidense, membro do Bureau of African Affairs do Departamento de Estado entre 2013 e 2017. En 2020, o presidente electo Joe Biden anunciou a súa intención de nomear a Thomas-Greenfield como Embaixadora dos Estados Unidos ante as Nacións Unidas.

Traxectoria Antes de traballar no sector público, Thomas-Greenfield ensinou ciencias políticas na Bucknell University. Traballou na Oficina de Poboación, Migración e Refuxio (2004-2006), como Embaixadora dos Estados Unidos en Nixeria (2008-12) e como Directora Xeral do servizo diplomático estadounidense (United States Foreign Service) (2012-2013) . Durante o seu mandato como Embaixadora en Nixeria, a súa correspondencia foi atacada por Wikileaks. Nun dos correos, Thomas-Greenfield propuña que se axuizase ao político liberiano e criminal de guerra Charles Ghankay Taylor nos Estados Unidos.

En 2017, tras anos de experiencia de servizo público, Trump ordenou o seu cesamento inmediato no que foi descrito como unha "purga" do Departamento de Estado.

Notas

Categoría:Embaixadores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Luisiana Categoría:Nados en 1952