Victoria Nuland, nada en Nova York en 1961, é unha diplomática estadounidense. Foi portavoz do Departamento de Estado dos Estados Unidos de 2011 a 2013 durante a presidencia de Obama e de 2013 ata xaneiro de 2017 foi responsable da política exterior para asuntos europeos e eurasiáticos Tiña rango de Embaixadora de Carreira, o rango diplomático máis alto no Servizo Exterior dos Estados Unidos. De 2005 a 2008 foi Representante Permanente dos Estados Unidos na OTAN.
Foi conselleira sénior no Grupo Albright Sonebridge, unha asesoría sobre estratexia e diplomacia comercial con sede en Washington. Foi directora executiva do Center for a New American Security dende xaneiro de 2018 a febreiro de 2019.
O 5 de xaneiro de 2021 anunciouse que o presidente electo Joe Biden nomearía a Nuland para servir como Subsecretaria de Estado para Asuntos Políticos no equipo de Antony Blinken.
Traxectoria Nuland é filla de Sherwin B. Nuland, profesor de medicina e de bioética na Universidade Yale. Graduouse na escola preparatoria Choate Rosemary Hall no ano 1979 e ten un B.A. pola Universidade Brown.
Foi representante permanente dos Estados Unidos ante a OTAN desde 2005 até 2008. No verán de 2011, Nuland foi nomeada portavoz do Departamento de Estado. Foi considerada "unha profesional consumada que demostrou que se pode confiar no profesionalismo dos oficiais de Servizo estranxeiro respecto de temas de política".
Vida persoal Está casada co historiador Robert Kagan, con quen ten dous fillos. Fala ruso e francés.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía oficial do Departamento de Estado dos Estados Unidos (2012). Entrevista con Nuland en Q&A (xuño de 2006)
Categoría:Embaixadores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1961