Federica Mogherini, nada en Roma o 16 de xuño de 1973, é unha política e politicóloga italiana. Desde o 1 de novembro de 2014 até o 1 de decembro de 2019 desempeñou o cargo de alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade tras ser nomeada polo Consello Europeo e o presidente electo da Comisión, Jean-Claude Juncker, o 30 de agosto de 2014. Foi ministra de Asuntos Exteriores de Italia desde febreiro até outubro de 2014.

Mogherini graduouse en ciencias políticas na Universidade Sapienza de Roma cunha tese en filosofía política.

Traxectoria Federica Mogherini é filla do director e escenógrafo italiano Flavio Mogherini. Está casada con Matteo Rebesani, co que ten dúas fillas.

Traxectoria política Mogherini é membro do Partido Democrático e do Partido dos Socialistas Europeos. O 22 de febreiro de 2014 foi nomeada ministra de Asuntos Exteriores polo primeiro ministro Matteo Renzi. Foi a terceira muller en servir como ministra de Relacións Exteriores de Italia, despois de Emma Bonino e Susanna Agnelli.

Alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade No cume europeo do 30 de agosto de 2014, nomeouse a Mogherini como alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR), despois de que o Consello Europeo de xullo anterior se pechara sen acordo. O seu mandato comezou o 1 de novembro de 2014.

En 2017 Mogherini liderou o proceso para a definición dos criterios e mecanismos da Cooperación estruturada permanente (CEP), dentro do proceso de integración europea en materia de Defensa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Official Website Blog oficial Biografía de Federica Mogherini por CIDOB (en español)

Categoría:Nados en Roma Categoría:Altos Representantes da Unión Europea para Asuntos Exteriores Categoría:Nados en 1973 Categoría:Políticos de Italia