Joyce Hilda Banda, nada en Zomba o 12 de abril de 1950, é unha avogada e política malawí. Exerceu a Presidencia da República desde o 7 de abril de 2012 até o 31 de maio de 2014, tralo falecemento do presidente Bingu wa Mutharika, converténdose na primeira muller en asumir a presidencia do país na historia e a segunda muller na historia de África en ser xefa de estado, despois de Ellen Johnson Sirleaf presidenta da República de Liberia. De 2009 a 2012 asumira a vicepresidencia do país.
Traxectoria Foi membro do parlamento pola circunscrición de Zomba-Malosa e ministra de xénero, benestar do neno e servizos comunitarios ata que foi nomeada ministra de asuntos exteriores o 1 de xuño de 2006 polo presidente Bingu wa Mutharika. En 2009 asumiu a vicepresidencia do país, cargo que ocupou até 2012 cando se converteu na primeira muller presidenta da república e a segunda xefa de estado da historia de África.
É a fundadora da Asociación Nacional de Mulleres de Negocios.
En 2011 foi considerada pola revista Forbes como a terceira muller máis poderosa do continente africano.
Tamén en 2011 fundou o Partido Popular, agrupación política que lidera e antes do falecemento de Bingu wa Mutharika era considerada a forza que podía disputarlle a presidencia nas eleccións xerais de 2014.
Durante a elección presidencial de 2014 denunciou a falta de transparencia e tempo para estes comicios e pediu ao Tribunal Electoral suspender a constitución, isto despois de que o consello anunciase como gañador ao opositor Peter Mutharika, irmán do expresidente Bingu Wa. Con todo, o Tribunal fixo oídos xordos e finalmente o 31 de maio foi xuramentado Peter como novo presidente de Malawi.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Goberno de Malawi United Nations page re 1997 Africa Prize
Categoría:Presidentes de Malawi Categoría:Políticos de Malawi Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Malawi Categoría:Diplomáticos