O Tampere United, tamén coñecido pola súa abreviatura TamU, é un equipo de fútbol da cidade de Tampere, Pirkanmaa (Finlandia). Foi fundado en 1998 e actualmente compite na Kolmonen, a cuarta categoría do fútbol finlandés. Xoga os seus partidos como local no Pyynikin urheilukenttä, un estadio con capacidade para 1 000 persoas. O seu uniforme titular é camiseta e pantalón azuis, mentres que a reserva é integramente verde.

TamU gañou o campionato finlandés en tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e obtivo ademais tres medallas de bronce (2003, 2004 e 2005); tamén se proclamou unha vez campión da Suomen Cup (2007) e dúas subcampión da copa (2001 e 2009); o equipo tamén gañou a Liigacup en 2009 e foi subcampión en 2011. En 2019 equipo ocupaba a 24ª posición na clasificación histórica da máxima categoría con once tempadas disputadas nas que xogou 301 partidos, dos cales gañou 146, empatou 72 e perdeu 83.

O 14 de abril de 2011 a Federación Finlandesa de Fútbol excluíu ao Tampere United de todas as competicións para a tempada 2011. Tampere United Oy declarouse en quiebra a finais de xuño de 2011. Durante os anos que TamU estivo afastado da competición, un equipo creado polos seareiros do club en 2009 xogou nas categorías rexionais e chegou ascender ata a Kolmonen baixo o nome de TamU-K. Finalmente o equipo volveu á competición na tempada 2016 e fusionouse co TamU-K.

Palmarés 3 Veikkausliiga: 2001, 2006 e 2007 1 Suomen Cup: 2007 1 Liigacup: 2009

Notas

Véxase tamén Outros artigos TamU-K

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Finlandia Categoría:Equipos de fútbol de Tampere