William John Banville, nado en Wexford o 8 de decembro de 1945 é un novelista irlandés, autor tamén de relatos, adaptacións teatrais e guións."John Banville." Dictionary of Irish Literature. Ed. Robert Hogan. Westport, Connecticut: Greenwood Press, 1996. . Aínda que foi descrito como "o herdeiro de Proust, a través de Nabokov", O propio Banville mantén que maintains W. B. Yeats e Henry James son as dúas influencias reais da súa obra. Tamén publica novelas negras co pseudónimo de Benjamin Black.

Banville gañou o James Tait Black Memorial Prize (1976), o Booker Prize (2005), o Franz Kafka Prize (2011), o Austrian State Prize for European Literature (2013) e o Premio Princesa de Asturias das Letras (2014). Foi elixido membro da Royal Society of Literature en 2007 e Italia nomeouno Cavaliere da Ordine della Stella d'Italia en 2017. Foi membro do Aosdána, renunciando voluntariamente ao estipendio financeiro en 2001 en favor doutro escritor con máis necesidade. Banville é considerado un candidato habitual ao premio Nobel de Literatura.

Estivo convidado na SELIC, Festival da Lectura de Santiago de Compostela, en 2024.

Traxectoria William John Banville é fillo de Agnes (de solteira Doran) e Martin Banville, traballador dun garaxe. É o máis novo de tres irmáns; o seu irmán máis vello Vincent tamén é novelista e publicou co nome de Vincent Lawrence. A súa irmá Anne Veronica "Vonnie" Banville-Evans escribiu unha novela infantil e unhas memorias da súa vida en Wexford. Delincuente reformado, na súa adolescencia, Banville roubou un libro da Wexford County Library.

Desde os doce anos tivo claro que quería ser escritor. Estudo nunha escola dos Irmásn Cristiáns e no St Peter's College de Wexford.Juan José Delaney. "Soy un poeta que escribe en prosa" , La Nación, 19-07-2008; consultado o 23-10-2011 A pesar de pensar en ser pintor ou arquitecto, non entrou na universidade. Máis tarde dixo ironicamente desta decisión: "Un grande error. Debería ter ido [á universidade]. Lamento que non pasei eses catro anos de emborracharse e namorarse. Mais quería marchar da miña familia. Quería ser libre". No seu lugar, preferiu comezar a traballar e fíxoo na compañía aérea Aer Lingus, que lle permitía viaxar polo mundo.

Cando regresou a Irlanda despois de vivir nos Estados Unidos en 1968 e 1969, converteuse en xornalista e entrou a traballar en The Irish Press, onde chegou a ser subeditor xefe. Cando desapareceu o xornal en 1995, pasou a The Irish Times. É colaborador habitual de The New York Review of Books.

Publicou o seu primeiro libro en 1970, unha recompilación de relatos titulada Long Lankin, á que seguiu unha serie de novelas, a primeira delas Nightspawn que saíu o ano seguinte. Despois chegaron Birchwood (1973), a chamada Triloxía das revolucións e preto dunha ducia de novelas máis, entre elas The Book of Evidence (1989), finalista do Premio Booker, e The Sea (2005), que gañou o galardón.

Banville é coñecido polo estilo preciso da súa prosa. O seu enxeño e o seu humor negro mostran a influencia de Nabokov.

En 2006 apareceu o primeiro libro de Benjamin Black, Christine Falls, ao que seguiron outras novelas negras.

Sobre o seu desdobramento como escritor dixo:

Estilo Banville foi considerado polos críticos como un mestre estilista do inglés, e a súa escrita foi definida como perfectamente traballada, fermosa, cegadora. David Mehegan de Boston Globe chamouno "un dos grandes estilistas que escribiu en inglés actualmente", Don DeLillo describiu a súa escrita como "prosa perigosa e fluída", e Val Nolan en The Sunday Business Post definiu o seu estilo como "lírico, meticuloso e ocasionalmente hilarante"; The Observer describiu The Book of Evidence como "prosa que flúe na perfección cun lirismo, ironía patricia e sentido da dor que é unha reminiscencia de Lolita". Banville afirmou que estaba "a tentar mesturar poesía e ficción nalgunha nova forma". É coñecido polo seu humor negro e por unha sagacidade afiada e fría.

En catro novelas como Banville e unha como Benjamin Black, empregou o tropo dos ollos dun personaxe movéndose cara a adiante e cara a atrás "como un espectador nun partido de tenis".

Influencias Banville dixo nunha entrevista a The Paris Review que gustaba do estilo de Vladimir Nabokov; con todo, proseguiu, "sempre achei que había algo de estraño sobre o cal eu non conseguía pronunciarme. Foi entón que lin unha entrevista en que el admitiu que era xordo tonal". Foi fortemente influenciado por Heinrich von Kleist, tendo escrito as adaptacións de tres das súas pezas (incluíndo Amphitryon) e tendo usado Amphitryon como base para a súa novela The Infinities.

Banville afirmou que imitou a James Joyce como un aprendiz: "Após ter lido Dubliners, e ter ficado impresionado co modo como Joyce escribiu sobre a vida real, inmediatamente comecei a escribir imitacións ruíns de Dubliners." Con todo, relatou a The Guardian: "O propio Banville recoñeceu que todos os escritores irlandeses son seguidores ou de Joyce ou de Beckett, colocándose el no campo de Beckett". El tamén recoñeceu outras influencias. En 2011, nunha entrevista en The Charlie Rose Show, Rose preguntou, "O modelo sempre foi Henry James?" e Banville respondeu, "Eu penso que si; as persoas din, sabe vostede, que fun influído por Beckett ou Nabokov, mais sempre foi Henry James [...] de xeito que quixen seguilo, eu quería ser un Jamesiano."

Obras Nightspawn. Londres: Secker & Warburg, 1971 Birchwood. Londres: Secker & Warburg, 1973 The Revolutions Trilogy: Doctor Copernicus. Londres: Secker & Warburg, 1976 Kepler. Londres: Secker & Warburg, 1976 The Newton Letter. Londres: Secker & Warburg, 1982 Mefisto. Londres: Secker & Warburg, 1986 The Frames Trilogy The Book of Evidence. Londres: Secker & Warburg, 1989 Ghosts. Londres: Secker & Warburg, 1993 Athena. Londres: Secker & Warburg, 1995 The Untouchable. Londres: Picador, 1997 The Alexander and Cass Cleave Trilogy Eclipse. Londres: Picador, 2000 Shroud. Londres: Picador, 2002 Ancient Light. Londres: Viking Penguin, 2012 The Sea. Londres: Picador, 2005 The Infinities. Londres: Picador, 2009 The Blue Guitar. Londres: Viking Penguin, 2015 Mrs Osmond. Londres: Penguin, 2017 Snow. Londres: Faber & Faber, 2020

Como Benjamin Black Serie de Quirke Christine Falls. Londres: Picador, 2006 The Silver Swan. Londres: Picador, 2007 Elegy for April. Londres: Picador, 2011 A Death in Summer. Londres: Mantle, 2011 Vengeance. Londres: Mantle, 2012 Holy Orders. Nova York: Henry Holt, 2013 Even the Dead. Londres: Penguin, 2016 The Lemur. Londres: Picador, 2008 (previamente serializada en The New York Times) The Black-Eyed Blonde. Nova York: Henry Holt, 2014 (unha novela de Philip Marlowe) Prague Nights. Londres: Penguin, 2017 The Secret Guests, 2020

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Páxina oficial de Benjamin Black John Banville at Aosdána John Banville at Ricorso (Irish Writers Database) John Banville at the Berlin International Literature Festival

John Banville — Audio interview with Donald Swaim concerning The Book of Evidence, 1990 Papers at Stuart A. Rose Manuscript, Archives, and Rare Book Library

Categoría:Nados no condado de Wexford Categoría:Nados en 1945 Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Xornalistas de Irlanda Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras