Robin Huw Bowen, nado en 1957, é un músico que toca a tripla arpa galesa, coñecida en galés como Telyn Deires, e está recoñecido internacionalmente como o principal expoñente en canto a tocar este instrumento. Foi galardoado co Glyndŵr Award no ano 2000.

Nado na comunidade galesa de Liverpool, Inglaterra nunha familia orixinaria de Anglesey, Robin aprendeu a arpa celta simple durante a súa etapa escolar, inspirado polo artista bretón Alan Stivell. En 1979 recibiu o título de graduado en Lingua e Literatura Galesas pola Universidade de Gales.

Notas

Categoría:Arpistas de Gales Categoría:Músicos do Reino Unido Categoría:Nados en Liverpool