Victorino Mateo Hombreiro, nado en Santalla de Devesa (Friol) cara a 1901, foi un zapateiro e político galego.

Traxectoria Zapateiro aveciñado en Pastoriza, militou no Partido Republicano Radical e despois foi o organizador de Izquierda Republicana no concello de Pastoriza. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Pastoriza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu xunto con Ramón Armesto e Manuel Murado, grazas á axuda de Benedicta Bello Pernas e o seu home Manuel Ferreiro Lamas,Benedicta Bello, condenada a reclusión perpetua en 1937, lembrada na Pastoriza logrando exiliarse en América. Formou parte da primeira directiva da Hermandad Gallega de Venezuela en 1960,"La Hermandad Gallega de Caracas celebra el próximo día 12 su XX aniversario", La Voz de Galicia, 7-10-1980, p. 42. da que foi nomeado tesoureiro en 1967.La Voz de Galicia, 20-12-1967, p. 14.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Alcaldes de Pastoriza Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Friol

Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en ano descoñecido

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes