Mary Sherman Morgan, nada en Ray o 4 de novembro de 1921 e finada o 4 de agosto de 2004, foi unha enxeñeira química estadounidense, inventora do combustible líquido Hydyne en 1957, que propulsou o Jupiter-C, o foguete que puxo en órbita o primeiro satélite dos Estados Unidos, Explorer 1.Morgan, George D.; with Ashley Phd Stroupe. Rocket Girl: The Story of Mary Sherman Morgan, America's First Female Rocket Scientist, Prometheus Books, 2013, ISBN 1616147393, ISBN 978-1616147396.

Traxectoria A súa familia que vivía nunha granxa en Ray, Dacota do Norte, era moi pobre e daba pouco valor á educación Trala educación secundaria inscribiuse na Minot State University, para estudar Química.

Carreira profesional

Cando estalou a segunda guerra mundial, ofreceronlle o seu primeiro traballo nunha fábrica de municións, encargada da fabricación de trinitrotolueno (TNT), dinitrotolueno (DNT) e explosivos de pentolitos.

Ao remate da segunda guerra mundial solicitou un traballo na aviación norteamericana e foi empregada na división Rocketdyne en Canoga Park, California.Lerner, Preston, "Soundings: She Put The High In Hydyne". Air & Space Smithsonian Magazine, febreiro/marzo2009, Vol.23, No.6, pp.10, ISSN 0886-2257. Pouco despois da contratación, foi ascendida a especialista en rendemento teórico, un traballo que quería cálculos matemáticos que predicían o rendemento dos propelentes de foguetes.Draxler, Breanna. "Rocket Girl" (revisión do libro), Discover (magazine), xullo–agosto 2013, p. 25. Mary era a única muller entre 900 enxeñeiros e unha das poucas con titulacións universitarias. Morgan, George. America's First Lady of Rocketry , Caltech News, California Institute of Technology, Vol.42, No.1.

Mentres traballaba na aviación norteamericana, Mary coñeceu ao seu futuro marido, George Richard Morgan, un enxeñeiro mecánico graduado en Caltech, e xuntos tiveron catro fillos: George, Stephen, Monica e Karen.

A carreira espacial miniatura| Comparación entre os foguetes Redstone, Jupiter-C e Mercury Durante o desenvolvemento do programa para o vehículo de reentrada de mísiles Jupiter, o equipo de Wernher von Braun usou mísiles Redstone modificados, denominados Jupiter-C. Para mellorar o rendemento da primeira fase, asinaron un contrato coa división Rocketdyne de North American Aviation para obter un combustible máis potente. Robert S. Kraemer & Vince Wheelock: “Rocketdyne: powering humans into space”. American Institute of Aeronautics and Astronautics. 2006, pp. 43–44.

Mary traballou no proxecto e foi nomeada xefa debido ao seu coñecemento e experiencia con novos propelentes para foguetes. O seu traballo derivou en Hydyne e o primeiro voo de proba cun foguete de Redstone tivo lugar o 29 de novembro de 1956.History of the Redstone Missile System , p. 60

En 1957, a Unión Soviética e os EE. UU. tiñan como obxectivo poñer os satélites en órbita ao redor da Terra con motivo da celebración do Ano Internacional da Xeofísica. Dickson, Paul: “Sputnik, The Shock of the Century”. Walker & Company. 2001 Para este esforzo internacional, o proxecto dos Estados Unidos chamouse Proxecto Vanguard . A Unión Soviética logrou pór en órbita a Sputnik o 4 de outubro de 1957, evento que pronto foi sucedido pola desastrosa explosión do foguete Vanguard. Grazas ao novo propelente conseguiuse pór en órbita o primeiro satélite norteamericano, Explorer I, o 31 de xaneiro de 1958.

Despois dos programas Jupiter-C e Juno I, os Estados Unidos cambiaron estes combustibles por outros máis potentes. History of the Redstone Missile System, p. 166 NASA. The Mercury-Redstone Project, p. 3-2, 4-42.

O nome Hydyne Hydyne-LOX (osíxeno líquido) foi a combinación de propelentes usada no foguete de Redstone. O exército elixiu usar a versión curta de Hydyne. Morgan, George D. Rocket Girl: A play about the life of America's first female rocket scientist Mary Sherman Morgan , NevadaBelle.com website, novembro 2008. Unha mestura de 60% de dimetilhidrazina asimétrica (UDMH) e 40% de dietilenetriamina (DETA).The Mercury-Redstone Project, p. 2-2. Era máis potente que o etanol, pero moito máis tóxico.The Mercury-Redstone Project, p. 3-2, 4-42. .

Legado George, un dos fillos de Mary, quedou sorprendido ao descubrir a importancia do traballo da súa nai. Investigou a historia de Mary a fondo despois de que o xornal Los Angeles Times negásese a publicar a súa necrolóxica, alegando que non había confirmación dos feitos presentados.

Esta investigación converteuse nunha obra de teatro, posta en escena en Caltech en 2008 e publicada en forma de libro en 2013, chamada Rocket Girl: The Story of Mary Sherman Morgan, America's First Female Rocket. Notas

Véxase tamén Bibliografía George D. Morgan, Rocket Girl. A historia de Mary Sherman Morgan, Prometheus Books, 2013. ISBN 9781616147396 Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. Elas, levarónnos ao espazo. 2022 ISBN: 978-84-8158-952-8 Outros artigos Mulleres na NASA

Ligazóns externas Exposición "As mulleres que nos levaron á Lúa"

Categoría:Finados en 2004 Categoría:Nados en 1921 Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América