Mank é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Fincher. Conta a historia do guionista Herman J. Mankiewicz e o seu desenvolvemento de Cidadán Kane (1941). Foi producido por Ceán Chaffin, Douglas Urbanski e Eric Roth. Está protagonizado por Gary Oldman, xunto con Amanda Seyfried, Lily Collins, Arliss Howard, Tom Pelphrey, Sam Troughton, Ferdinand Kingsley, Tuppence Middleton, Tom Burke, Joseph Cross, Jamie McShane, Toby Leonard Moore, Monika Gossmann e Charles Dance.
O pai de David Fincher, Jack Fincher escribiu o guión na década de 1990, e David quixo realizar o filme despois de rematar The Game (1997), con Kevin Spacey e Jodie Foster nos papeis principais. O proxecto finalmente non se levou a cabo e Jack Fincher morreu en 2003. O proxecto foi retomado e anunciado oficialmente en xullo de 2019. A rodaxe levouse a cabo nos Ánxeles dende novembro de 2019 até febreiro de 2020. Para render homenaxe ós filmes da década de 1930, Mank foi rodado en branco e negro empregando cámaras RED.
Personaxes Gary Oldman como Herman J. Mankiewicz Amanda Seyfried como Marion Davies Lily Collins como Rita Alexander Arliss Howard como Louis B. Mayer Tom Pelphrey como Joseph L. Mankiewicz Charles Dance como William Randolph Hearst Sam Troughton como John Houseman Ferdinand Kingsley como Irving Thalberg Tuppence Middleton como Sara Mankiewicz Tom Burke como Orson Welles Joseph Cross como Charles Lederer
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Fincher Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre alcoholismo