Ana Torrent Bertrán de Lis, nada en Madrid o 12 de xullo de 1966, é unha actriz española. Foi nomeada aos premios Goya á mellor actriz por Tesis de Alejandro Amenábar.
De nena, foi a actriz principal das películas Cría cuervos e El espíritu de la colmena.
Traxectoria Torrent debutou no cine aos 7 anos protagonizando a película El espíritu de la colmena, de Víctor Erice pola que obtivo o Fotogramas de Prata á mellor actriz do cine español. Víctor Erice lembra: «Os nenos tenden a mesturar a realidade e a ficción. Ana non entendía por que os actores se chamaban dunha maneira e cando empezabamos a rodar, tiñan outro nome. Decidín cambiar os nomes de todos os personaxes polo nome real dos intérpretes». Dous anos despois foi a actriz principal da película Cría cuervos.
Foi escollida polos cronistas de espectáculos de Nova York a Mellor Actriz do ano, galardón que obtivo protagonizando El nido con 13 anos, así como o Premio á Mellor Actriz no Festival Internacional de Cine de Montreal.
Cando acabou a escola, Torrent non tiña claro se seguiría no mundo do cine, con todo foi estudar interpretación con Cristina Rota e máis tarde con Uta Hagen en Nova York.
O seu maior logro e actuación é en Tesis, de Alejandro Amenábar, un grande éxito de recadación na que era Ángela, unha moza universitaria que elaboraba unha tese sobre as películas snuff. Obtivo un nomeamento ao Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista. Destacou tamén a súa interpretación como Catarina de Aragón na superproducción The Other Boleyn Girl.
Premios
1981 Festival de Montreal: Premio á mellor actriz por El nido, de Jaime de Armiñán.
Premios Goya AnoCategoríaPelículaResultado1996Mellor interpretación feminina protagonistaTesisCandidataFilm Affinity Fotogramas de Prata AnoCategoríaPelículaResultado1973Mellor intérprete de cine españolEl espíritu de la colmenaGañadora Premios ACE (Nova York) AnoCategoríaPelículaResultado2004Mellor actriz protagonistaUna preciosa puesta de solCandidata1997Mellor actriz protagonistaTesisGañadora1983Mellor actriz protagonistaEl nidoGañadora1977Mellor actriz protagonistaEl espíritu de la de la colmenaGañadora
Filmografía AnoPelículaDirección2020Nieva en BenidormIsabel Coixet2018El desentierroNacho Ruipérez2017VerónicaPaco Plaza2011Encontrarás dragonesRoland Joffé2008NO-DOElio Quiroga200814, Fabian RoadJaime de Armiñán2008The Other Boleyn GirlJustin Chadwick2007<i id="mw1w">El hombre de arena</i>José Manuel González-Berbel2004<i id="mw3g">Iris</i>Rosa Vergés2003Una preciosa puesta de solÁlvaro del Amo2001Juego de lunaMónica Laguna2001<i id="mw8w">Sagitario</i>Vicente Molina Foix1999YoyesHelena Taberna1998El grito en el cieloFelix Sabroso e Dunia Ayaso1996TesisAlejandro Amenábar1995El palomo cojoJaime de Armiñán1995Puede ser divertidoAzucena Rodríguez1994Entre rojasAzucena Rodríguez1992VacasJulio Medem1989Sangre y arenaJavier Elorrieta1985Los paraísos perdidosBasilio Martín Patino1983La hija rebeldeGustav Ehmck1980El nidoJaime de Armiñán1980Operación OgroGillo Pontecorvo1977Elisa, vida míaCarlos Saura1975Cría cuervosCarlos Saura1973El espíritu de la colmenaVíctor Erice
Teatro
Las criadas (2020), de Jean Genet Todas las noches de un día (2019), de Alberto Conejero Pingüinas (2015), de Fernando Arrabal Ricardo III (2015), de Shakespeare Fuegos (2013), de Marguerite Yourcenar Madame Bovary (2012), dirixida por Magüi Mira e con texto adaptado por Emilio Hernández. Teatro Bellas Artes La profesión de la señora Warren (1997), de George Bernard Shaw. El rufián en la escalera (1996), de Joe Orton. Las mocedades del Cid (1990), de Guillem de Castro.
Televisión
Anillos de Oro, serie de TV escrita por Ana Diosdado (1983), capítulo titulado 'A corazón abierto'. UCO, TVE 1, (2008; 2013) Carta a Eva, miniserie dirixida por Agustí Villaronga, TVE 1, (2013) Amar es para siempre, como Rosalía Feijóo Maza, Antena 3, (2016-2017; 2018)
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Nados en 1966