A lingua chimila (shimizya) é unha lingua chibcha falada en Colombia polo pobo chimila. Outrora, o chimila foi agrupado coas linguas malibú, mais posteriormente foi clasificado como parte da familia chibcha. O chimila está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Nomes derivados do chimila "Cesar", o nome tanto do río Cesar como do departamento de Cesar, é unha adaptación da verba chimila Chet-tzar ou Zazare ("auga calma") ao castelán.LABLAA - Luis Galvis: Don Gonzalo

Guatapurí deriva do chimila para "auga fría", e dá o nome ó río Guatapurí.Marcos Fidel Vega Seña (2005), Vallenato: Cultura y sentimiento, U. Cooperativa de Colombia. p14.

Notas

Categoría:Linguas chibchas Categoría:Linguas de Colombia