A lingua baniwa (tamén chamada segundo as fontes como baniva, karu ou itayaine), é unha lingua indíxena da familia arauaca falada polo pobo baniwa en Colombia, Venezuela e o Brasil, que vive nas beiras do río Içana. Segundo os datos de 2001 a 2007 tiña 12 000 falantes. O baniwa está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

É un dos idiomas oficiais do concello de São Gabriel da Cachoeira (no Brasil) dende 2003, xunto co nheengatu, o tucano e o portugués. Ten varios dialectos, como o carútana (xa extinto), hohodené (hoódene, hohodena, kadaupuritana, cadaupuritana), siusy-tapuya (seuci, siuci, siusi).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gonçalves, Artur Garcia. 2018. Para uma dialetologia baniwa-koripako do rio Içana. M.A. dissertation, Universidade de Brasilia.

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas de Venezuela