Vicente de la Mata, nado en Rosario o 2 de xullo de 1944 e finado o 21 de novembro de 2024,Dolor en el fútbol argentino: murió Vicente De La Mata, emblema de Independiente y campeón de la Copa Libertadores foi un futbolista arxentino. Xogou a maior parte da súa carreira en Independiente e foi internacional coa selección arxentina, ao igual que o seu pai Vicente de la Mata.

Traxectoria Naceu en Rosario, sendo fillo do histórico futbolista do Club Atlético Independiente, Vicente de la Mata e da súa muller, María Alida. Tiña ascendencia galega pois os seus avós paternos eran emigrantes galegos.

Xogou nas categorías inferiores de Independiente ata subir ao primeiro equipo en 1961. Gañou tres títulos de Primeira División Arxentina en nove tempadas con Independiente. Tamén axudou a Independiente a gañar a Copa Libertadores dúas veces.

En 1970 saíu ao estranxeiro para xogar no Club Necaxa da Primeira División de México. Xogou alí unha tempada fichando logo polo Deportivo Veracruz, onde militou durante cinco campañas. Cara ao final da súa carreira pasou por Chile, volvendo logo á Arxentina onde xogou unha derradeira tempada na Primeira B Metropolitana con Argentino de Quilmes.

Foi seis veces internacional coa selección arxentina, coa que disputou a fase de clasificación para o Mundial de 1966.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en National-Football-Teams.com . Datos do xogador en BDFA .

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en Rosario Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Independiente Categoría:Xogadores do Club Necaxa Categoría:Xogadores do Club Deportivo O'Higgins Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina