A lingua wirö (tamén coñecida como itoto, wotuja, jojod ou maco) é unha lingua indíxena de Colombia e Venezuela. Ata que foi documentada en 2015, só se sabía dela unha lista de 38 palabras recolectada ca. 1900, aínda que xa daquela foi clasificada como estreitamente relacionada coa lingua piaroa. Os falantes das dúas linguas enténdese entre eles, aínda que non de maneira confialbe, e considéranas linguas distintas. O wirö está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Loukotka (1968) rexistrou o seu uso na rexión dos ríos Ventuari e Cunucunuma.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rosés Labrada, Jorge E. (2015). The Mako language: Vitality, Grammar and Classification. Londres: University of Western Ontario. (Doctoral dissertation). Electronic Thesis and Dissertation Repository, 2851.
Categoría:Linguas salibanas Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas de Venezuela