A lingua desano é unha lingua indíxena da familia tucana falada en Colombia e o Brasil. Tamén é coñecida polos nomes boleka, desâna e kusibi. É falada no noroeste do Brasil e no sur de Colombia, na rexión do río Tiquié. Segundo datos de 2001 a 2011 tiña 3 160 falantes. O desano está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Linguas tucanas Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas de Colombia