Ann Marie Blyth, nada en Mount Kisco o 16 de agosto de 1928 e finada en Rancho Santa Fe o 25 de xuño de 2026, foi unha actriz e cantante estadounidense.

Traxectoria Blyth naceu no estado de Nova York. Os seus pais, Harry e Nan Blyth,"Ann Blyth", Turner Classic Movies divorciáranse cando aínda era nova. Mudouse coa súa nai e a súa irmá a Nova York, onde comezaron a asistir a escolas católicas. A unha certa idade, Blyth asistiu á Escola Infantil Profesional de Manhattan e xa era artista de radio, actuando especialmente en dramas, ata que rematou a escola. Despois de coñecer un compañeiro na New York Children's Opera Company, fixo un importante debut en Broadway como a filla de Paul Lukas no clásico drama da segunda guerra mundial, Watch on the Rhine (1941) de Lillian Hellman. Estivo en cartel durante 378 funcións.

Mentres viaxaba coa obra nos Ánxeles, foi descuberta polo director Henry Koster de Universal Studios, que lle ofreceu a oportunidade de facer unha audición para un filme. Comezou a súa carreira como "Anne Blyth", mais cambiou o nome a "Ann" xa para o seu debut no filme Chip Off the Old Block (1944), nun musical protagonizado por grandes nomes de Universal, como Donald O'Connor e Peggy Ryan.

Continuou a súa carreira como actriz co filme The Merry Monahans (1944). Ao ano seguinte, foi prestada á Warner Bros. para facer o papel da filla de Joan Crawford, nun filme cunha trama que trataba sobre a turbulenta vida da moza, que era atormentada pola súa outra filla, Veda, no clásico Mildred Pierce (1945). Blyth tiña só dezaseis anos e foi candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria. Despois da rodaxe, sufriu un accidente nunha zorra, fracturándose a columna vertebral, en Snow Valley.Blyth, Ann, "My Career Took a Toboggan Ride", in Peale, Norman Vincent (ed.) Faith Made Them Champions. Carmel, New York: Guideposts Associates, Inc., 1954, pp. 114–117. Logo dunha longa recuperación, a Universal utilizouna para un cameo cunha cadeira de rodas en Brute Force (1947).

O seu primeiro papel protagonista foi no filme Sonny Tufts in Swell Guy (1946). En vez de continuar interpretando musicais, Ann volveu ao cinema con Killer McCoy (1947), nun papel perigosamente calculado en Another Part of the Forest (1948). Tamén realizou papeis de comedia, como o dunha sera en Mr. Peabody and the Mermaid (1948), con William Powell, e unha adolescente que se namora dunha estrela de Hollywood, Robert Montgomery, en Once More, My Darling (1949).

Como estrela na década de 1950, Blyth apareceu en papeis en operetas, comedias e melodramas. Realizou papeis dramáticos como o dunha rapaza adoptada que busca a súa nai biolóxica en Our Very Own (1950) e unha condenada por asasinato en Thunder on the Hill (1951). Outros papeis destacados foron o da esposa de Mario Lanza en The Great Caruso (1951), o de Katie Did It (1951) ou a condesa rusa á que Gregory Peck facía as beiras en The World in His Arms (1952).

Vida persoal Na edición de decembro de 1952 de Motion Picture and Television Magazine, Ann Blyth afirmou nunha entrevista que era republicana e que apoiara a Dwight D. Eisenhower como presidente o mes anterior nas eleccións presidenciais de 1952.Motion Picture and Television Magazine, decembro de 1952, páxina 28, Ideal Publishers

En 1953, Blyth casou co obstetra James McNulty, irmán do cantante Dennis Day, que os presentara. As damas de honra foron as actrices Joan Leslie, Jane Withers e Betty Lynn. A parella, ambos devotos católicos, recibiu unha felicitación especial do papa.

Despois do seu matrimonio, Blyth tomou un descanso na súa carreira para centrarse na crianza dos seus cinco fillos, Timothy Patrick (nado o 10 de xuño de 1954), Maureen Ann (nada o 14 de decembro de 1955), Kathleen Mary (nada o 23 de decembro de 1957), Terence Grady (nado o 9 de decembro de 1960) e Eileen Alana (nada o 10 de abril de 1963).

Filmografía Cinema Ano Título Personaxe Notas1944 Chip Off the Old Block Glory Marlow III The Merry Monahans Sheila DeRoyce Babes on Swing Street Carol Curtis Bowery to Broadway Bessie Jo Kirby 1945 Mildred Pierce Veda Pierce Forrester Candidata ao Óscar á mellor actriz secundaria 1946 Swell Guy Marian Tyler1947 Brute Force Ruth Killer McCoy Sheila Carrson1948 A Woman's Vengeance Doris Mead Título alternativo: The Gioconda Smile Another Part of the Forest Regina Hubbard Mr. Peabody and the Mermaid Lenore the Mermaid1949 Red Canyon Lucy Bostel Top o' the Morning Conn McNaughton Once More, My Darling Marita Connell Free for All Ann Abbott 1950 Our Very Own Gail Macaulay1951 Katie Did It Katherine Standish The Great Caruso Dorothy Park Benjamin Thunder on the Hill Valerie Carns Título alternativo: Bonaventure I'll Never Forget You Helen Pettigrew / Martha Forsyth Títulos alternativos: The House in the SquareMan of Two Worlds The Golden Horde Princesa Shalimar Título alternativo: The Golden Horde of Genghis Khan1952 The World in His Arms Condesa Marina Selanova Sally and Saint Anne Sally O'Moyne One Minute to Zero Mrs. Landa Day 1953 All the Brothers Were Valiant Priscilla "Pris" Holt1954 Rose Marie Rose Marie Lemaitre The Student Prince Kathie Ruder1955 The King's Thief Lady Mary Kismet Marsinah1957 Slander Connie Martin The Buster Keaton Story Gloria Brent The Helen Morgan Story Helen Morgan Títulos alternativos: Both Ends of the Candle eWhy Was I Born?Dobrada por Gogi Grant

Televisión Ano Título Personaxe Notas 1954 Lux Video Theatre Angela Episodio: "A Place in the Sun" 1958–1963 The Christophers 2 episodios 1959 The DuPont Show with June Allyson Martha Episodio: "Suspected" 1959–1963 Wagon Train Nancy Winters / Eve Newhope / Clementine Jones / Martha Barham / Jenny / Phoebe Tannen 5 episodios 1960 The Citadel Christine Telefilme 1962 The Dick Powell Show Lizzie Hogan Episodio: "Savage Sunday" 1963 Saints and Sinners Edith Berlitz Episodio: "The Year Joan Crawford Won the Oscar" 1964 The Twilight Zone Pamela Morris / Constance Taylor Episodio: "Queen of the Nile" 1964–1965 Burke's Law Deidre DeMaraValerie 2 episodios 1965 Kraft Suspense Theatre Lady Mei Episodio: "Jungle of Fear" 1969 The Name of the Game Kay Martin Episodio: "Swingers Only" 1975 Switch Miriam Estabrook Episodio: "Mistresses, Murder and Millions" 1979–1983 Quincy, M.E. Velma WhiteheadDorothy Blake 2 episodios 1985 Murder, She Wrote Francesca Lodge Episodio: "Reflections of the Mind"

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dye, David. Child and Youth Actors: Filmography of Their Entire Careers, 1914–1985. Jefferson, North Carolina: McFarland & Co., 1988, p. 22-23.

Ligazóns externas Come Holy Ghost, Creator Blest, Ann Blyth Ann Blyth "Women's International Centre" biography and more recent photograph Photographs of Ann Blyth

Categoría:Nados no condado de Westchester, Nova York Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Paseo da Fama de Hollywood