Florence Parpart, nada en Hoboken (Nova Jersey), foi unha inventora estadounidense.

Traxectoria Florence Parpart viviu a maior parte da súa vida en Nova York e Filadelfia, onde tivo unha vida discreta de ama de casa ata que en 1900, obtivo a súa primeira patente dunha máquina de varrer industrial que melloraba a de Eureka Frazer Brown patentada en 1879. A mellora permitiu un uso máis amplo e dous anos máis tarde, Parpart vendeu a innovación en varias cidades dos Estados Unidos entre elas, Nova York, Filadelfia e San Francisco.Mirage World of Women

Tras casar con Hiram D. Layman, en 1914 obtivo unha patente dun refrixerador eléctrico, mellorando modelos anteriores que deixaron obsoletas as caixas de xeo que se usaban até entón e que supuxo un cambio total non só na forma de conservar os alimentos, senón tamén de cociñalos.

Asistindo a feiras comerciais e desenvolvendo as súas propias campañas publicitarias logrou comercializar as súas neveiras con bastante éxito por todo o país.

Patentes

FR343775 14 de outubro de 1904. US1090925 24 de marzo de 1914.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.

Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Jersey