Pedro Manuel Bergés Naval, nado en Vigo o 6 de xuño de 1906 e finado en 1978, foi un futbolista galego. Internacional coa selección de Cuba, disputou con esta o Mundial de 1938 en Francia.
Traxectoria Nado en Vigo emigrou a Cuba, onde desenvolveu a súa carreira futbolística. Xogou varias tempadas no Real Iberia da Habana, compartindo equipo con numerosos futbolistas galegos como Maneiro, Begoña, Pepe Torres ou os irmáns Edelmiro e Gonzalo Lorenzo. Alí conquistou a liga cubana en 1926, 1928 e 1929. En 1932 fichou polo Juventud Asturiana, co que gañou un novo título en 1933.
En 1934 volveu ao Iberia, gañando ese mesmo ano un novo campionato. Xogou no club "ibérico" ata 1940.
Selección cubana Foi internacional coa selección de Cuba e participou con esta no Mundial de 1938 en Francia, a primeira e única participación cubana nunha Copa do Mundo. O equipo, adestrado polo galego José Tapia e capitaneado polo tamén galego Manuel Chorens, enfrontouse a Romanía nos oitavos de final, empatando 2-2 e xogando logo un partido de desempate no que os cubanos conseguiron eliminar ao equipo europeo (2-1). En cuartos de final caeron fronte a Suecia por unha goleada de 8-0. Bergés xogou os tres partidos de Cuba naquel Mundial.
Palmarés Real Iberia
Campionato Nacional de Cuba (4): 1926, 1928, 1929 e 1934.
Juventud Asturiana
Campionato Nacional de Cuba (1): 1933.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en National-Football-Teams.com
Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1978 Categoría:Futbolistas de Cuba Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Iberia Categoría:Xogadores do Juventud Asturiana Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cuba Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1938 Categoría:Futbolistas mundialistas de Galicia